El Celta B se impone en el 'derbiño'

O Celta B levou onte o derbi de Terceira División ante o Deportivo B en Barreiro (2-1), nun partido intenso e apaixoante no que os locais foron mellores na primeira parte e os coruñeses estiveron a piques de dar o susto na segunda. De feito, ao Fabril anuláronlle un gol nos intres finais que suporía o empate. David Añón e Félix marcaron no primeiro tempo para os celestes, mentres que Insua acurtou diferenzas tras o descanso.

 

E a xornada para o Celta B saíulle redonda porque acurtou distancia co líder, o Racing de Ferrol, que caeu sorprendentemente en Vista Alegre ante un Ordes (2-1) no que Nacho volveu ser determinante co seu dobrete e xa suma 12 goles nesta tempada. Os locais remontaron no segundo tempo o tanto inicial de Manu Barreiro.

 

E tampouco foi quen de gañar o terceiro na táboa, o Compostela, que cedeu dous puntos (1-1) en San Lázaro ante o Somozas no desconto. O pichichi Joselu, con 21 tantos, marcou de penalti aos 8 minutos, pero o excesivo conservadurismo dos de Fredi acabou por aproveitalo Carlos para empatar co tempo xa cumprido.

 

Outro dos duelos atractivos da xornada foi o de Pasarón, onde o Pontevedra volve ter a tiro a promoción de ascenso tras superar (2-0) o Rápido de Bouzas, co que iguala na táboa, con tantos de Santi Domínguez e Richi, o primeiro de penalti dubidoso.

 

Nese grupo de equipos con 30 puntos tamén están As Pontes e Cerceda. Os primeiros caeron onte no Poboado (1-2) ante un Dorneda ao que Brizzola sacou do descenso nas últimas xornadas; e os segundos gañaron a domicilio na Illa de Arousa ante o Céltiga (0-1) cun solitario tanto de Xaco. Os arousáns volven ser os pechacancelas.

 

O Betanzos conquistou onte terras ourensás tras superar (1-2) o Barbadás con tantos de Michi e de Javi Otero, nunha remontada culminada cun home menos.

 

O que non levanta cabeza e xa está máis preto do descenso que da zona alta é o Vilalbés. Os de Cata caeron pola mínima en Negreira (1-0),

 

que fixo valer o gol de Diego Otero e que iguala cos lucenses na táboa. Pecharon a xornada o empate entre o Narón e o Alondras (3-3), nun partido tolo con moitos goles. E Josiño, con goles no 94 e no 97, o último de penalti, obrou a milagrosa remontada do Bergantiños ante o Vilalonga (2-1) nas Eiroas. Os de Carballo achéganse un pouco á salvación.
 
Resultados
Céltiga-Cerceda 0-1. Ordes-Racing de Ferrol 2-1. Barbadás-Betanzos 1-2. Celta B-Deportivo B 2-1. As Pontes-Dorneda 1-2. Negreira-R. Vilalbés 1-0. Narón-Alondras 3-3. Pontevedra-R. Bouzas 2-0. Bergantiños-Vilalonga 2-1. Compos-Somozas 1-1.

 

Equipos Pt X G E P GF GC
1 Racing Club Ferrol 48 20 16 0 4 46 16
2 RC Celta B 40 20 12 4 4 40 17
3 SD Compostela 38 20 11 5 4 38 16
4 RC Deportivo B 34 20 10 4 6 32 18
5 UD Somozas 32 20 8 8 4 26 19
6 CD As Pontes 30 20 9 3 8 31 29
7 Rápido de Bouzas 30 20 8 6 6 18 16
8 Pontevedra CF 30 19 8 6 5 25 26
9 CCD Cerceda 30 20 8 6 6 17 19
10 Ordes SD 28 20 7 7 6 24 23
11 Alondras CF 28 20 8 4 8 24 25
12 Betanzos CF 26 20 7 5 8 24 30
13 UD Barbadás 24 20 6 6 8 20 23
14 Racing Vilalbés 23 20 6 5 9 17 20
15 SD Negreira 23 20 6 5 9 17 29
16 CD Dorneda 22 20 6 4 10 19 29
17 Vilalonga FC 21 19 5 6 8 17 21
18 Bergantiños CF   16 20 4 4 12 14 30
19 Narón BP 12 20 2 6 12 16 35
20 Céltiga CF 12 20 2 6 12 12 36

 

Próxima xornada
UD Somozas-SD Negreira, Racing Vilalbés-Céltiga, CCD Cerceda-Narón BP, Alondras-Pontevedra CF, Rápido de Bouzas-Celta B, Deportivo B-Barbadás, Betanzos CF-Bergantiños CF, Vilalonga-Ordes SD, Racing deFerrol-As Pontes, Dorneda-Compostela.

Comentarios