O candidato socialista promete wireless para a cidade de Ourense

É a promesa de moda nestas eleccións: wifi, wireless, wimax... As redes sen fíos son as estrelas dos programas electorais. O último en apuntarse foi o candidato do PSOE á alcaldía do Concello de Ourense, Francisco Rodríguez, que anunciou hoxe a creación dunha rede wireless para acceder gratis a Internet desde cualquera punto da capital ourensana.

Para Rodríguez, esta esta medida permitirá achegar as novas tecnoloxías aos cidadáns e “salvar a fenda dixital” que mantén á cidade de Ourense nuns “parámetros de atraso case medieval” no campo das novas tecnoloxías.

Comentarios