Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

O auditorio vilalbés acolleu a entrega de premios do Certame Benxamín Paz

Durante o acto, que se enmarca na conmemoración das Letras Galegas no Ceip Insua Bermúdez, houbo recitado de poemas, actuacións musicais e unha representación teatral

O auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba quedouse pequeno na entrega de premios do XVIII Certame Literario e de Debuxo Benxamín Paz, promovido un ano máis polo centro de educación infantil e primera Insua Bermúdez, que o incluíu no programa de actos das Letras Galegas 2016.

Irene Martínez, Álex González e Iván Prado leváronse os primeiros premios na modalidad de poesía, mentras en narrativa os galardóns foron para Tania Prado, Martín Rañal e Lucía Díaz. Nos dous casos, conseguiron 60, 75 e 90 euros respectivamente.

Alonso Maceira e Hugo García alcanzaron os primeiros postos e gañaron un marco, un lote de libros, diploma e unha flor natural.

No acto, ademais da entrega de premios, celebrouse un recitado de poemas dos traballos galardonados e de versos de Manuel María, representouse unha peza teatral e houbo varias actuacións musicales, nas que se subiron ao escenario alumnos e profesores. Por se fora pouco, tamén se presentou un novo número da revista escolar A Pravia.

O auditorio vilalbés acolleu a entrega de premios do Certame...
Comentarios