O asunto dos 'Albertos': un caso de inseguridade e inquietude xurídica

O Tribunal Constitucional ven de ditar unha sentencia absolutoria para o caso coñecido como Os Albertos, referido aos empresarios Alberto Cortina e Alberto Alcocer, que parece poñer fin na vía penal a unha querela por estafa, aínda que quedarán pendentes para o futuro as reclamacións pola vía civil.

O asunto vén de lonxe. Fai xusto 20 anos, en xaneiro de 1988, a sociedade Urbanor vendeu un solar en Madrid, onde actualmente están situadas as famosas Torres Kio, á sociedade do mesmo nome. Un 40% do capital de Urbanor era da empresa Construcións e Contratas, das irmáns Koplowitz, casadas naquel tempo cós Albertos, que dirixiron a operación.

Outros socios desta empresa presentaron unha querela contra eles por considerarse estafados, xa que o prezo real da venda lle foi ocultado, percibindo un 35% menos do que lles correspondía.

En xaneiro de1993 parte deses socios presentaron unha querela por estafa e falsidade. En xaneiro de 2001 a Audiencia Provincial de Madrid absolveu aos Albertos por prescrición dos cargos, aínda que admitía que existiran os delitos. A querela fora presentada xusto un día antes do prazo de cinco anos previsto para a prescrición dos delitos, pero non incluía a firma dos querelantes nin o poder necesario para interpoñela, non sendo ratificada ata dous meses despois.

En marzo de 2001 o Tribunal Supremo fallou que os delitos non prescribiran e os condenaba a tres anos e catro meses de cadea e a devolución aos accionistas defraudados de 24,5 millóns de euros mais os intereses correspondentes.

Para evitar a cadea os Albertos pediron indulto ao Goberno e presentaron un  recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional, que nunha sentencia recente estimou parcialmente o recurso e declarou que os delitos tiñan prescrito cando se comezou a acción penal.

Como cidadán non puido mais que mostrarme crítico có desenvolvemento de todo este proceso. Vou tentar facelo de modo racional e responsable, conforme o pedía o portavoz do Consello do Poder Xudicial.

Son crítico primeiro pola súa enorme lentitude. Unha xustiza lenta, xa non é xusta á hora de reparar os danos ou os delitos cometidos. Agora vinte anos despois dos feitos os socios afectados aínda terán que actuar pola vía civil.

Segundo, a inseguridade xurídica, que resulta da diferente interpretación dos prazos de prescrición pola Audiencia Provincial, polo Tribunal Supremo e polo Tribunal Constitucional. É como si todo dependera mais da interpretación que do escrito nas normas. A inseguridade procedente das diversas interpretacións xera dúbidas e inquieta.

En terceiro lugar, e para min é o aspecto que mais lamento, está o diferente trato que poden recibir uns presuntos delincuentes de “cuello blanco”, que estafan, que usurpan mais de 4 mil millóns das antigas pesetas e que logran “pasar” da cadea. Si o anterior punto xeraba inseguridade xurídica, este último crea inquietude social.

Remato coa esperanza, algo inxenua, de que se poida aprender destes casos e que nunca mais volvan a darse este tipo de procesos.

Comentarios