O arraigo da tradición nunha paisaxe única

Como o seu propio nome indica, lugar fértil, Labrada é unha parroquia cunha gran riqueza paisaxística. A veciñanza vive da gandería e conserva os costumes e os valores de unión e cooperación da Galicia máis rural e profunda

Resgardada entre a frondosa e salvaxe maleza e os máis amplos e verdes prados, nunha paisaxe rural por excelencia, atópase a parroquia de Labrada, no concello de Abadín. No medio da extensión dos seus infinitos montes coidados co máximo esmero por parte da veciñanza dende hai décadas emerxen as casiñas familiares da súa poboación, que vive fundamentalmente da gandería, o motor económico da zona. O entorno fai viaxar ao visitante medio século atrás, á Galicia máis profunda, na que a pervivencia das tradicións e os valores de antano priman sobre todas as cousas.

Comentarios