Inés García: ''El analfabetismo científico es una realidad que hay que combatir''

Inés García Seijo (Foto: Antonio López).
photo_camera Inés García Seijo (Foto: Antonio López).

Na terceira edición do seminario falarase de cousas tan distintas a priori como o cancro ou as matemáticas e combinaranse os relatorios previstos con actividades máis amenas. O obxectivo é só un: que a xente se achegue á ciencia, que segue a ser unha gran descoñecida.

o curso de verán que levan tres anos organizando o IES Monte Castelo de Burela e a Universidade da Coruña (UDC) leva por título este ano ‘Facendo a ciencia accesible a través da divulgación’ e desenvolverase os días 3 e 4 do vindeiro mes de xullo no salón de plenos do consistorio de Burela. A súa directora, Inés García Seijo, anima a asistir porque o ve como unha boa maneira de achegarse á ciencia, que cree unha gran descoñecida.

Por que elixiron a temática desta edición do curso?

Ó ser este o terceiro ano que organizamos o curso e vendo o tipo de público que soe acudir, pareceunos importante abrir a súa temática a outras áreas da ciencia e non seguir falando de química. Ademais, démoslle a dimensión da divulgación, porque é a maneira de achegala ós cidadáns, algo moi preciso, porque é de todos sabido que o analfabetismo científico é unha forma máis de analfabetismo e hai que loitar contra iso.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios