O Tentacle arranca este venres coas xornadas divulgativas

O alcalde de Foz destacou a ausencia de incidentes nas festas e no Why Not

Castiñeira agradeceu o traballo e a cordinación dos servizos municipais durante estes días
Público asistente ao Why Not Here Fest
photo_camera Público asistente ao Why Not Here Fest

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo balance sobre a celebración das festas de San Lourenzo e o festival Why Not Here Fest, destacando a ausencia de incidentes e sinalando o traballo feito polos servicios municipais para que todo transcorrera con normalidade.

Castiñeira manifestou que "despois de nove días intensísimos hoxe (por este martes) é o momento de facer valoracións. Foron días de moito traballo para todo o mundo, pero dende logo o equipo de goberno e o persoal do Concello estamos moi contentos polo traballo que se fixo".


Castiñeira tamén destacou o programa de actividades que haberá na vila focense durante as próximas semanas, sinalando que "agardo que continúen así"

O rexedor destacou o bo funcionamento dos dispositivos postos en marcha para estes eventos, tanto no referido aos cortes de tráfico como no plan de seguridade das patronais e do festival de música. Castiñeira loou o traballo realizado polos traballadores municipais e especialmente o da Policía Local, sinalando a cordinación dos mesmos. O alcalde resaltou tamén que o cambio de emprazamento do mercado semanal, dicindo que "tivemos que desprazalo e localizar a cada tendeiro un novo posto, pero o resultado foi bo".

Castiñeira agradeceu o traballo doutras entidades colaboradoras, como foron a comisión de festas do San Lourenzo, a asociación Sempre Foz e aos organizadores do festival Why Not Here Fest, e á productora, La Fleur Producciones. O rexedor engadiu que "quero felicitar a todos aqueles que participaron nos eventos destes nove días que deron moita actividade ao pobo". O alcalde sinalou que "isto fai que a xente siga confiando en Foz para pasar o seu ocio, a pesar de haber tamén noutras localidades moitas actividades e festas que tamén tiveron moita ocupación".

Para rematar, o rexedeor focense engadiu que "o que se trata é de que xente goce e teña moitas alternativas en toda a Mariña, pero sobre todo no noso concello". Castiñeira sinalou que tanto as praias, como o festival estiveran ateigadas de público, e sinalou de novo que "debemos estar moi contentos pola ausencia de incidentes".

Castiñeira tamén destacou o programa de actividades que haberá na vila focense durante as próximas semanas, sinalando que "agardo que continúen así as seguintes actividades que xa se están a preparar para este fin de semana, con moitos eventos tamén, como son a feira multisectorial, a Feira do Libro, ou en Cangas a feira de gando. E tamén os actos deportivos, como as horas de baloncento e demais. Polo tanto aí seguimos a tope para gozar todo o mes de agosto e incluso os primeiros días de setembro". sinalou o alcalde.

Comentarios