José Manuel Lamela: ''El acuerdo de Udival y PSOE lo veo vergonzonso y crea desconfianza''

José Manuel Lamela. (Foto: Antonio López)
photo_camera José Manuel Lamela. (Foto: Antonio López)

A unión entre o PSOE e Udival, co apoio do BNG,fixo que o rexedor popular deixe a alcaldía, pero el mostrase orgulloso do seu traballo á fronte do Concello e recoñece que o bipartito non lle ofrece moitas garantías dende o momento que hai un pacto económico polo medio.

AÍNDA TIÑA ILUSIÓN, pero iso non lle abondou ó rexedor popular do Valadouro, José Manuel Lamela, para manterse á fronte da alcaldía. Un goberno en minoría desgastouno e a presión da oposición ante a imposibilidade de sacar adiante os seus proxectos, e sobre todo, a actualizar os presupostos, levárono a presentar unha cuestión de confianza que rematou coa súa saída do poder.

Afronta con certa pena o relevo na alcaldía?

Con pena, si, porque estaba a gusto, con ilusión.

A touro pasado, optou pola mellor opción?

Se cheguei á cuestión de confianza, algo que aínda ninguén o dixo claramente, foi porque chegou un momento no que o Concello era ingobernable. Por que? Porque temos uns presupostos do 2009, e cuns presupostos así, coa cantidade de cousas que hai sen consignación presupostaria non se pode traballar.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios