''El 50% de los beneficios van para Cáritas de A Coruña, Viveiro y Ribadeo''

José Manuel Vázquez, xerente do Grupo Pizzbur, que incluíu na carta unha ‘galipizza’ solidaria

Teñen algunha novidade?

Este mes e o seguinte temos unha ‘galipizza’ solidaria que xurdiu dun concurso que fixemos en Nadal nas redes sociais. Instamos á clientela a elaborar ‘galipizzas’ con produtos da época e resulta que hai xente moi creativa. Nos Xoves de Tapeo fixemos catro das que nos propuxeron e outra convertímola en ‘galipizza’ solidaria, e o 50% dos seus beneficios van para Cáritas de Viveiro, Ribadeo e A Coruña.

Que leva a pizza solidaria?

Bacon, queixo San Simón e do Cebreiro, langostinos enchilados e dátiles. Nas do tapeo este xoves hai unha de vieira, xamón e cebola pochada, e o seguinte haberá unha de capón de Vilalba, que creo que vai ter éxito.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios