''Nunca tanto estrobo vin xunto''

Hoxe, día 3 de maio, celebrouse un ano máis a romaría do san Benito de Palermo na parroquia de Carballo. Nos anos corenta, cando menos, para acompañar á celebración da misa maior contratábase a un músico que se achegaba co seu harmonio -enviado vía ‘coche de liña’-, e un neno, que interpretaban a Misa de Angelis. Posteriormente interprétabase no interior da igrexa o himno ao san Benito. Despois de cumprir co ritual relixioso, o resto xa era festa propiamente dita. Algúns aínda lembran as merendas. Ao redor da igrexa e despois da misa e procesión, as familias e convidados reuníanse nunha carballeira e sacaban o xamón, viño e demais viandas propias do día. Os homes chegaban nas súas cabaleirías facendo ostentación das mesmas. E a festa continuaba toda a tarde ata ben entrada a noitiña.Elena Moreno / Friol

Sentía moitos desexos de facer unha viaxe a Ourense, impresionado polos relatos que nos facía o Amador de Ribó; lugares para min máis afastados que hoxe se me fai Vladivostok. Un día díxolle o Amador a meu pai: «Deixe ir hoxe ao rapaz, vai bon tempo, non hai escola...». Meu pai accedeu e eu prepareime para a viaxe. Eu tería doce anos. Daquela usabamos un carromato para transportar marcadoría aos comerciantes de Taboada, que entón eran poucos, Casa de Ferraias, Toxeiro, Fortes e algún máis. Cando voltamos da viaxe contáballe a meu irmán Andrés as vicisitudes do meu primeiro alonxamento do fogar paterno, que escoitaba entusiasmado, tamén, quizais, con algo de envexa. Eu faláballe da casa do Fanado, Piedrafita, Enviande, Chantada, Toldavia, O Pitón, etc.Jesús González Rodríguez(Abeledo) / Taboada

A única viaxe das mulleres era ir a Lugo cuns queixos, a vendelos. Levaban case sempre a un neno da casa montado na burra. Eu fun así a Lugo moitas veces, porque sabía moi ben a táboa de multiplicar e máis o Credo. Todos dicían que era o máis listo da familia e que acabaría bispo dalgún lugar, ou misioneiro, convertendo chineses de Bombai. Vendíanse ben os queixos, a tía Natalia pagábame unha gasosa. Basilio Losada / Penaboa / Láncara

Feria de ganados: un bosque de varitas, espigadas y juguetonas, amenazando de continuo los ojos de los curiosos imprecavidos; gitanos de crespas cabelleras y rostros cetrinos, montando jamelgos veloces como el viento, con energía de ida y vuelta hasta el Asilo de las Hermanitas. Antonio Goy Díaz / Lugo

No San Froilán de xa hai ben anos había, según penso, máis xente que nos de agora. Cando eu era neno ía con meu pai ao Campo da Feira mercar os estrobos e aguilladas para o gasto de todo ano. Despois dabámoslle un vistazo ao mular que era moito e bon. Había cabalar de toda clase. Dende as famosas mulas meiresas -de ledo e elegante andar aínda que con sona de falsas-, deica os cabalos da grea, de Abadín, Serra da Gañidoira e Pastoriza. Tamén lembro unhos cabalos pequenotes e anchos como vagóns, que coido se crían nas brañas de Abadín, e que teñen no belfo uns bigotes roxos que a min moi chistosos me caían. Despois de ver a feira, iamos a xantar o polbo. Manuel María / Lugo

Madrugabamos e camiñabamos ledos, estreando traxe e ilusións, para chegar a tempo ao antigo campo da feira, na actual estación de autobuses e alí mercabamos cousas que facían falta nunha casa de labranza: varas, aguilladas, estrobos, fouciños, cestos… mentres presenciaba con curiosidade o regateo dos tratantes de gando, toda unha arte de tanteo na que o vendedor chufaba a besta con aquilo de «mira que pelo ten, como lle brilla», e o comprador desacreditaba mirándolle a dentamia e replicándolle, «esta xa non e nova, compañeiro». Xoán Neira / Lugo

El día das maulas, último de la feria del 36, no consigue elevar las ventas; mientras, también se reduce la asistencia a las barracas, influyendo sin duda el tiempo inclemente de estos días. El Teatro Círculo de las Artes cambia cartelera y oferta la proyección de ‘Él es ella’, con la actuación de Cary Grant. El café bar Mercantil renueva plantel artístico y Elisa Monterrey encandila con su arte a los lucenses. Se puede seguir disfrutando del cóctel Dame otro, que oferta el gran café La Terraza, en la plaza de la República, aunque ya es denominada oficialmente de España. Para bolsillos más modestos, el café bar Unión, antiguo Nemesio, reabierto con nueva dirección desde primeros de octubre, oferta un descuento de un veinte por ciento en sus artículos de primera clase, ya que suprimió los espectáculos que anteriormente se celebraban. Juan Cancela/ Lugo

Paréceme que unha vez comemos nunha fonda que hai na Rúa de Castelao, ou se cadra na Rúa Chantada. Ser era un rúa cunha boa costa. Da festa que puidera haber non me acordo moi ben, pero si da feira, que era onde hoxe está a estación de autobuses. Daba moito que ver. Nunca tanto estrobo vin xunto, de carballo ben escocido e ben esfolado. Albardas e selas de montar tamén había, e ferraxería agraria canta se quixer, fouciñas e gateñas e sachos a milleiros. Non sei como podía haber tanta ferramenta no mundo. Darío Xohán Cabana/ Lugo

Na Terra Chá, e ata casi mediado o pasado século e localizados fundamentalmente no triángulo de Parga, Os Vilares e Pígara, fixéronse coñecidos nas feiras e lugares de Lugo os trapeiros ou paneiros que percorreron feiras e lugares trocando panos por diversos utensilios útiles nas casas, como agullas, barallas, fíos, navallas, espellos... Contan que centralizaban os trapos recollidos pola provincia nun local próximo á estación do ferrocarril de Lugo, seguramente por razóns loxísticas empresariais. Antón de Guizán/ Guitiriz

Xa non veñen feirantes de chambra escura, caxato bulideiro e tesoiras de marcar porque outras son as mercadorías, outros os mercadores e, sobre todo, outros e nada accesibles os espazos onde se pechan os tratos. Xa non veñen cantores de romances porque resulta imposible competir coa opresora vulgaridade de determinados programas de televisión. Xa hai tempo que os fazais saben da súa pouquidade diante de multinacionais da gran estafa como Bernard Madoff e demais. Xa non veñen os paisanos coa besta, ou a vaca ou a ovella porque ben vedes cal é o gando co que agora se feirea... Paco Martín/ Lugo

Mi siguiente etapa es Mondoñedo. No quiero perderme la feria de As San Lucas. Antes de llegar, kilómetros de coches aparcados a ambos lados de la carretera. Caballos bien montados y señoras con traje chaqueta -no precisamente de Adolfo Domínguez-, paradas de queso, tartas y repostería local, paradas de pan, ¡de pan!, varios entoldados donde «se despacha comida» para miles de comensales. Luce un sol excepcional, de veintidós grados. Me paro en una. Ollas de cobre reluciente, de cincuenta o sesenta litros. En unas hierven tentáculos de pulpo (desechan las cabezas). En otras, tres o cuatro jamones gordos, enteritos, previamente salados y desalados. Dos mujeres con guantes de goma y pañuelo en la cabeza cortan el pulpo con tijeras, a rodajas iguales, sin mirar, charlando entre ellas. Son las cinco de la tarde y está lleno a rebosar. «Aquí vivimos para comer». «Con el hambre que se ha pasado en otras épocas». Xavier Bru de Sala / Mondoñedo

Comentarios