''Nunca me van a sorprender llevando puesto un pantalón de esos de pinzas''

Iago Castrillón aínda saborea o premio que Madrid Fusión lle deu a seu restaurante, o Acio.

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

Sempre me resulta moi gratificante sorprender aos meus comensais... E non facelo desgustaríame.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Non dubidaría en volverme dedicar ao mesmo que fago, a ser cociñeiro.

3. O soño que máis se repite é...

Seguir sendo feliz co que estou a facer.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

¡Todo ese tempo libre do que dispoñía!

5. ¿A quen admira?

A meus pais.

6. ¿Votou nas últimas eleccións?

Si.

7. ¿Atrévese a dicir a quen?

A un partido.

8. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Está claro que un non toma sempre as mellores decisións. Entón, a clave está en aprender dos erros e en non se lamentar do que xa está feito.

9. ¿Que cita subscribiría?

«Fai o ben e non mires a quen».

10. ¿Que coche ten?

Non teño.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Unha cociña nova para o restaurante Acio.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

Unha bicicleta.

13. Unha toleada que fixera por amor...

Pois non foi outra que abrir o Acio.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Si, que deixase de traballar no Acio.

15. ¿Teñen algún pacto?

Moitos.

16. ¿Envéxalle algo ao sexo contrario?

Ás mulleres envéxolles a súa racionalidade.

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

‘El peregrino’, do autor Paulo Coelho.

18. Procura non saír nunca da casa sen...

¡Sen as chaves!

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

Como non podía ser doutro xeito, desculpo a gula.

20. Algo que nunca falte na súa neveira...

Agora, os Petit Suisse para meu fillo.

21. Pérdeo un bo...

Champán.

22. Unha das prendas que destesta...

Os pantalóns de pinzas.

23. As súas mellores vacacións foron...

Na rexión do Piamonte, en Italia.

24. A súa viaxe soñada tería como destino...

O Xapón... pero, por sorte, xa fun.

25. A paisaxe que máis o impresionou foi...

Resúltame moi difícil citar unha soa... Cada recuncho que temos en Galicia impresiona a todo aquel que se deixe levar polo seu encanto.

26. ¿Cal é a súa materia pendente?

Saber expresar ben de cara aos demais todo o que pasa pola miña cabeza.

«A SINERXÍA EN PARELLA É MARABILLOSA»

1. Admirador confeso de Cunqueiro, ¿chegou ata seu Lourenzá natal a influencia dos recetarios do mindoniense?

Os que o admiramos e vivimos con paixón a cociña tomamos nota dalgunhas das súas descricións literarias. A súa influencia chega alá onde chegan os seus libros.

2. ¿A quen lle regalaría un saquiño de fabas de Lourenzá?

Non son de regalar as fabas, son de cociñalas. Prefiro regalar un bo prato de fabas.

3. Súa muller é a xefa de sala do restaurante que rexentan, o Acio. ¿Que tal se mesturan o peto e o amor?

Mestúranse, ademais, a paixón polos viños e o amor á cociña, así que xorde unha sinerxía entre ambos que é marabillosa.

4. En Madrid Fusión recoñeceron o seu como o Restaurante Revelación. É un eloxio, pero coido que a estas alturas xa son máis que iso...

Esperamos que isto só sexa o comezo, gana de traballar e seguir mellorando non faltan. Isto supuxo pór en valor o traballo feito desde que abrimos Acio e é o recoñecemento á nosa aposta, ao noso xeito de entender a cociña.

Comentarios