''En un día perfecto no hay Consejo de Ministros''

Nos tempos que corren, admite ante desconocidos que se adica á política ou inventa unha profesión?

Estou orgullosa de participar na política e no BNG. Por iso nunca se me ocurriría ocultalo ou negalo.

Por quen se cambiaría durante un día?

Igual me cambiaba por algún destes mandatarios ao servizo dos poderes económicos… para intentar entender que é o que se lles pasa pola cabeza cando traizoan ás persoas.

Cando foi a última vez que lle costou chegar a fin de mes?

Cada día hai que facer números e os finais de mes son todos difíciles.

Que tal o seu inglés?

Ogallá fora mellor. A convocatoria electoral fixo que me esquecera de formalizar a matrícula para o ciclo avanzado na EOI.

Que aplicación para o móbil lle gustaría que desenvolvesen?

Cada día son máis antimóbil.

Algunha vez descargou algo de internet sen pagar?

É difícil de crer, pero nunca usei un programa de descargas.

De que prescindiría antes: teléfono, televisión ou internet?

Da televisión, sen dúbida.

En que idioma son os seus soños, castelán ou galego?

En galego. Non tería sentido telos noutro.

Se ten invitados, que prato non falta nunca?

Non teño un prato especial. Iso si, son fan dos ovos recheos!

Na cociña, mete as mans na masa ou prefire delegar?

Se podo delegar, delego. Non me gusta cociñar.

Elixa unha película e a compañía para ir vela.

‘La vida es bella’, se teño o día animado. Tería que ir con alguén de confianza, porque ía chorar coma unha magdalena! Que momento histórico lle gustaría vivir?

Gustaríame ter vivido na Galiza independente da Idade Media.

Cal espera vivir no futuro?

Ogallá poida vivir o día que as galegas e os galegos poidamos decidir sobre nós mesmas.

Intentaron regalarlle un Rolex ou a vostede nin un reloxio de plástico?

Algunha vez me regalaron reloxos, si. Pero seguramente máis preto dos de plástico que do Rolex…

Que é o máis caro que lle regalaron?

Pois, probablemente, a bicicleta. Á que, por certo, lle dou bastante menos uso do que debera…

Que capricho se permitiría se lle tocase a lotería?

O meu vicio son as viaxes.

Que lle reprocha a súa familia máis a miudo?

O pouco tempo que paso na casa.

Definición dun día perfecto

Calquera día no que a túa familia e os teus amigos esteñan ben, poidas desfrutar deles… e que non haxa Consello de Ministros.

Definición dun día espantoso

Sempre son nos que che dan malas novas.

Conte o momento máis vergoñento que sufrira

Son bastante despistada, así que é habitual que me atope en situación ridículas ou vergoñentas…

Cal foi a última vez que contou unha mentira, aínda que fose piadosa e a quen?

Cóstame lembralo… Non sei se iso é por exceso ou por defecto… De calquera xeito, non estaría ben descubrir unha mentira públicamente, non?

Crise

«Cada día hai que facer números e os finais de mes son todos difíciles»

Cine

«Iría a ver ‘La vida es bella’ se teño o día animado. Tería que ir con alguén de confianza porque ía chorar como unha magdalena »

Mentira

«Non estaría ben descubrir unha mentira públicamente»

Comentarios