Nubes e choivas este mércores en Galicia

Os termómetros oscilarán na capital lucense entre os 11 e os 19 graos
Meteogalicia
photo_camera Meteogalicia

Galicia quedará este mércores nunha situación intermedia entre o anticiclón centrado na península Ibérica e a borrasca que se situará no litoral portugués. Así, o ceo estará parcialmente cuberto, con máis nubes nas provincias da Coruña e Pontevedra, onde se esperan as choivas máis persistentes. 

Segundo a información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento empezará a xornada moderado de compoñente sur e quedará moderado de compoñente norte ao final do día. Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso e as máximas descenderán lixeiramente. 

Deste xeito, nas grandes urbes galegas os termómetros subirán até os 20 graos en Pontevedra, Ourense, A Coruña e Ferrol e até os 19 graos en Lugo e Vigo. Mentres, os valores mínimos descenderán até os 11 graos na capital lucense, os 13 na Boa Vila e os 14 na cidade olívica.

Comentarios