Noya lidera a clasificación da Copa BG de Triatlón

O ferrolán Javier Gómez Noya proclamouse vencedor da competición en Lisboa e colocouse líder na clasificación da Copa BG de Triatlón.  O triatleta galego acada así a súa primeira victoria da tempada e encabeza, con 94 puntos, a competición que xa gañou a pasada edición. Noya quedou segundo na proba de natación e dominou con claridade na carreira a pé. Cruzou a meta cun tempo de 1:52:21, 32 segundos por diante do seu perseguidor, o checo Filip Ospaly.

O outro galego presente na proba e campión da Copa BG en 2002, IvánRaña, fixo un tempo de 1:55:21. Colócase así na posición 26 na clasificación global da competición.

Comentarios