''Las nuevas generaciones perdieron el respeto por la gente mayor''

Tres xeracións

Tres xeracións

Conocí a mi marido en Cuba, a donde marché de ocho años con mis padres, que regentaban la zapatería y peletería La Reina, negocios que tuvieron que abandonar perdiendo todo el capital. Con él regresé a Galicia para establecernos en Foz, aunque siempre pensé que hubiera sido mejor quedarse en Monforte, donde nací y me casé en el convento. No se me fue el apetito. Como de todo y bastante. Prefiero una fruta a un dulce. Las comidas de cuchara están entre mis favoritas.
Milagros Díaz González, centenaria / Foz

Estou aquí porque Deus quere, e cando queira, ireime. Traballei moito na miña vida e polo que se ve, debeume facer ben. Leo El Progreso todo os días, sempre. En Muxa eramos moitos nenos para xogar, daquela había moita xente nas aldeas.
Nieves Fernández Lombao, 100 anos / Lugo

Non acordo ter enfermidades, salvo algún constipado. Se cadra fago algunha argallada, como pode ser rozar un pouco na finca.
Ángel Gómez Calvo, 102 anos / Reboiras / Os Vilares / Guitiriz

De andaluz teño a partida de nacemento, e grazas. Agora xa me están fallando o entendemento, a memoria e a vontade. Non hai peor enfermidade cá suma dos anos. O home cando chega aos 82 xa está de volta de todo e prácelle pensar en NADA.
Narciso Peinado / Lugo

En 1940 se casó y, pocos años después, tuvo a sus cuatro hijos. Toda su vida tuvo que trabajar muy duro en el campo cuidando varias fincas, algunas ovejas y un par de vacas que mantenía a medias con un vecino para poder sacar adelante a toda su familia. Su hijo Jesús recuerda el duro viaje que tenía que recorrer su padre desde Pedrafita do Cebreiro hasta la feria de Ponferrada, en la provincia de León, con más de 50 kilómetros de travesía a pie, para poder vender el ganado y «conseguir uns poucos reais. Foi moi traballador durante toda a súa vida, de feito traballou ata hai moi pouco, ata que o corpo xa non lle puido máis».
Jesús González González, 107 anos /Vanesa Bran / Pedrafita

Ha muerto Jesús González, originario de Pedrafita do Cebreiro. Hace poco hablábamos de él, en uno de nuestros artículos. Jesús vivió 107 años. Fue un labrador y ganadero que trabajó arduamente para sacar a su familia adelante. Tuvo buena salud hasta el final, aunque tenía algunos problemas de visión, oído y movilidad. Pocas fueron sus visitas al médico, a lo largo de su vida. Fue fumador y buen comedor. Vivía con sus dos hijos y perdió a su mujer unos años atrás. Una vida dura, una alimentación natural y el ambiente limpio que se respira en las montañas ¿serían su secreto?… quién lo sabe.
Jesús Fraiz Calvo / Pedrafita do Cebreiro

Traballei toda a vida no agro, a non ser unha tempada que traballei nunha canteira de mármore, en Lousada. E tamén exercín de barbeiro, porque lle amañaba o pelo aos veciños, aínda que sen lles cobrar nin un patacón. Eles, a cambio, cando lles apetecía, dábanme un macillo de cigarros.
Atilano Rivas Iglesias, 107 anos / Galgao / Abadín

Antes non había nada, nin estradas, nin coches, nin camións, só un carro e un par de vacas. Tiven cinco partos e seis fillos, pero só viviron tres. Teño seis netos, todos irmáns e todos de máis de 30 anos e ningún casado.
Carmen Ansede López, 101 anos / Os Vilares / Guitiriz

Xa me están a saír algunhas enrugas.
Aurora Pumares Carballeira, 102 anos / Corvite de Arriba / Buriz / Guitiriz

Nací en San Pedro de Láncara el 5 de septiembre de 1923. Voy a cumplir dentro de cinco meses, 90 años. Me considero afortunado porque pienso que todavía me funciona la cabeza y físicamente me encuentro bien.
Laureano Álvarez Armada / Láncara

Despois traballei na Coruña: facía limpeza e atendía a un pequeno, que agora é xuíz. O neno era un santo. Paseabamos moito en coche, iamos aos touros e a min todo iso non me custaba nada. Ademais, o rapaz tocaba o piano e eu escoitábao, e cando iamos de paseo moitas veces dábanme mostras de perfumes. Desde entón sempre me gustaron moito.
Justa Fernández Picos, 100 anos / Xerdiz / Ourol

O segredo da miña lon-xevidade pode deberse en parte á xenética, posto que unha irmá que se marchou de Cuba a Miami cando Fidel Castro tomou o poder, viviu ata os 102, e tres irmáns que residiron en Bos Aires chegaron aos 96, 94 e 90 anos. Só toma unha pastilla para durmir e de cando en vez outra para controlar a tensión. Son totalmente autónomo, a pesar de levar unha sonda urinaria desde hai máis de catro meses e de ter visión só nun ollo. Como de todo e os meus pratos favoritos son a potaxe galega e os guisos.
Evaristo Fernández García, 103 anos / Trabada

Antes pasábase mellor, collíase unha pandeireta e pasábalo feliz. Agora non, agora non se pasa. Porque agora as mozas e mozos é como se tiraran ao vello para atrás e non o quixeran.
María Vecín López / Veiga de Brañas / Zanfoga / Pedrafita do Cebreiro

As novas xeracións perderon o respecto pola xente maior, pero nós senón os tiñamos presentes, considerábase un agravio moi grande. Por exemplo, para atoparlles o mellor asento na festa ou na mesa. Se se nos ocorría servírmonos antes da xente maior, ou mesmo dos traballadores da casa, era unha falta moi grave.
Tareixa Campo / O Incio

«El (101 anos) veu dar aquí cunha cuadrilla para facer un treito da estrada de Momán a Betanzos, entre O Foxo e o Carballiño, e xa non marchou máis. Eran poucos quilómetros, pero ao se facer todo á man levaba moito tempo, polo que se tiñan que quedar aquí». A súa familia defíneo como «un campesiño máis, que traballou seguido». Tras a súa experiencia na cuadrilla de estradas, dedicou a maior parte da súa vida de casado ao traballo no campo, do que din que lle gustaban labores como «ir aos toxos», aínda que tamén fixo os seus primeiros pasos como canteiro. Da súa personalidade, os seus fillos contan que lle gustaba todo «porque era un home moi cheo de vida, ía ás feiras e era moi falador, relacionábase con calquera».
Manuel Lameiro Bra / Gandarela de Labrada / Guitiriz

Un día el niño me dijo que le había dado clases a su padre, como diciéndome ¡qué mayor eres! Pero si le llego a decir que también se las di a su abuelo...
Marisol Fernández López / Sarria

A xente maior quéixase de non lembrar cores ou nomes de persoas. Lémbranse do pasado, pero das cousas do presente menos. Cóstalles máis esforzo. Todos se coñecen, ainda que ás veces non lembran o nome do seu veciño. Tamén se esquecen do gas, do bolso, do paraugas, ou cousas dese tipo. Son encantadores.
Angélica Casabella Quelle / Xove

Antoloxía da Memoria de Lugo (ed. impresa):El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios