''No tengo años porque al ser mago, soy pasado, presente y futuro''

Animal frikiAnimal friki

Un dos personaxes máis populares de Lugo era O Ranita, de nome oficial Jaime, que andaba sempre en bicicleta e mesmo participaba en carreiras, pero sobre todo era coñecido pola súa dedicación a pescar peixes de río, daquela moi estimados fritidos pola parroquia luguesa. Pois ben, do Ranita dicíase que a súa pesca procedía da desembocadura dos colectores de desaugue da cidade, coñecidos vulgarmente como «o Cagarrón». Un día que pretendía venderllos ao dono dun bar da cidade, alguén da clientela botoulle en cara a presunta procedencia das súas capturas e o Ranita ofendeuse ata o punto de chegar ás mans. Reducido axiña polo seu ofensor, o Ranita, irredutíbel, non deixaba de berrar: «Quitármilo dincima qui lo mato!».

Isidro Novo / Lugo

No escenario vilego cobraban protagonismo periódico tres figuras ceibadas de razón. Adquiriran popularidade entre os pícaros que seguiamos os seus acenos e movementos. Unha era a Tola do Xirarto, unha muller aínda nova, que perdera o siso na emigración. Baixaba todos os xoves do lugar de Recimil ás once da mañá. Plantábase na praza e erguía as saias ao chegar. Mantíñase entalada sen se mover nin falar durante unha hora. Ás doce erguía as saias de novo, e collía o camiño de regreso ao lugar de onde viñera.

Francisco Fernández del Riego / Vilanova de Lourenzá

José María López Lledín era oriundo de Vilaseca (A Fonsagrada), provincia de Lugo, España, y siendo muy joven emigró a La Habana. Acusado, injustamente, de haber cometido un robo en una casa donde laboraba de criado, cumplió prisión, y al salir de la cárcel empezó a divagar. Al triunfar la Revolución, su estatus no cambió, pero fue diferente. Por orientación de una mujer sensible, Celia Sánchez Manduley, él podía comer gratis en los centros gastronómicos de la ciudad. Pasó el tiempo y llegó el momento en que ya viejo y con un marcado deterioro, fue necesario internarlo en el hospital psiquiátrico, donde recibió esmeradas atenciones, hasta el día de su muerte el 12 de julio de 1985.

Argentina Jiménez / La Habana

Ao principio, como era no meu caso, nos estreitos límites do barrio dos Chaos, tendo por centro neurálxico a Praza do Piñeiro, lugar de reunión de grandes e cativos e dende onde viamos desfilar unha chea de personaxes populares, entre os que destacaba aquel famoso repartidor de carbón chamado O Cosco, moi amigo de todos os nenos.

Carlos Martínez Buján Pérez / Monforte de Lemos

Unha das dúbidas fundamentais do Barruzo de Budián, que ninguén foi capaz de respostar, era a seguinte: «Quen foi antes, o millo ou o corvo?». Tampouco deu el nunca sinais de coñecer a resposta a tal problema, e de a coñecer levou con el o segredo á cova. Vivía e bebía de tratar en cochos, que compraba e vendía polas feiras. Así que cando estaba bébedo e algún chistoso quería facer festa á súa conta, sempre lle dicían: «Xusto, aí ven a parella». Imperturbable, respostaba: «Se é boa, cómproa». Ata que chegou o momento en que deixou de tratar en cochos para dedicarse máis intensamente á cata. Entón, cando lle citaban a parella respondía: «Agora xa non trato».

Miguel Vila / Budián / O Valadouro

Levo anos sendo como un heraldo de Mondoñedo en toda Galicia e hai moito que pido un título. Conformaríame cun recoñecemento en vida, porque creo que o merezo e queríao ter para poder asistir en plan serio, sen as miñas vestimentas, a actos culturais e sociais. Eu non teño anos porque ao ser mago son pasado, presente e futuro, e quedo nos libros, poemas, pinturas...

Manuel Montero / Mondoñedo

Soy el Rey del Mundo porque siempre el mundo está bajo mis pies.

José María López Lledín / La Habana

A cantadeira de Costoira finou aos 81 anos, longa vida de traballos polas ribeiras do Inferno de San Fiz. Subindo e baixando escaleiras de xisto entre viñedos e saltando escairos e portelos. O labor das viñas esixía estar baixo os torreiros do solano e facendo faenas de mandado e de pouca soldada. Ada era esa muller enteira e forte, con conciencia agraria que sempre conmovía polo que dicía e cantaba, non cantiga triste senón de rebeldía. Muller de estirpe rexa que afrontaba todas as inquedanzas como as nosas labregas e viñateiras teñen afán e costume de superarse.

Xosé Lois García / Merlán / Chantada

Personaxes moi populares eran os resarieiros de Rodeiro, o Antonio e o Avelino, que vendían rosarios, chisqueiros, o Repertorio Zaragozano, O Gaiteiro de Lugo, que imprimía Xerardo Castro, e almanaques de parede; a Cambota, que levaba sorte do paxariño; a Rosario dos lagartos e culebras, que vendía pomada para curar o reuma; a Adiviña, que botaba as cartas...

Maruxa Besteiro Silva / O Páramo

Houbo outro tolo, en Vilarmosteiro. Aquel dedicábase a mercar bois. Ofrecíalles moito aos labradores e dicíalles: «Xa os virei buscar». Como os había ir buscar? Era o Manuel de Mundín.

Elvira López / O Páramo

Ata pouco antes de eu nacer pasaba por Viveiro, de cando en cando, don Adolfito. Non cheguei, logo, a velo pero foi tanto o que del ouvín contar á miña nai e ás miñas tías e a outros que é case coma se o vise. Don Adolfito percorría a praza e as rúas a cantar, acompañándose do violín, cantigas de amor ás donas e rapazas que estaban nas fiestras, galerías e balcóns, e botándolle piropos (beldad, sultana, hurí...) ás belidas que pasaban ao carón seu. Era, polo visto, home lanzal e distinguido, de bigote e barbiña en pirulo, cabelo loiro, que coñecera aos da casa da Troia coma estudante en Santiago, onde nacera, e que, segundo contaban, por un amor malfadado, perdera unha miga o siso e botárase ao camiño coma un derradeiro trovador.

Luis Tobío / Viveiro

Segundo Cunqueiro, en Mondoñedo existiu unha loxia que se denominaba Vallibria Irredenta, e a denominación que segue ao topónimo debe responder, en opinión do escritor, á suposta opresión clerical nunha cidade eminentemente episcopal, onde o bispado era centro de todo tipo de decisións, non só eclesiásticas. Sinala Álvaro que el coñeceu a dous ou tres membros daquela loxia, un deles un tenente retirado, casado cunha valenciana, para máis sinal «vegetariano, con la excepción de los caracoles».

J. F. Armesto Fajinas / Mondoñedo

En las ferias siempre había personajes curiosos. Recuerdo a un señor que era medio tonto y que recorría todas las ferias. Iba medio desastrado con un traje de pana y era popular. Había personajes curiosos que recorrían toda la comarca.

Jesús Salgado Carballal / Lugo

Nalgún país suramericano teñen o Ramón Lamote de lectura nas escolas, daquela o tipo saíume máis universal do que eu pensara. Crin que o sacabas de Galicia e que non tiña percorrido, e polo visto, si. Lamote ten de todos os sitios por onde andei e mesmo por onde non andei.

Paco Martín / Lugo

Por las calles circulaba un pobre demente, llamado O Tolo de Baralla, siempre rodeado de niños, que se divertían con las escenas llenas de comicidad del inofensivo tolo.

José Trapero Pardo / Lugo

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios