''No soporto que me mientan ni tampoco la deslealtad''

Que lle queda ó partido socialista de obreiro?

Todo. Segue tendo os mesmos ideais que cando se fundou, a defensa dos máis necesitados.

Sindicalismo ou política?

As dúas cousas son compatibles e complementarias.

Por certo, que fai un guitiricense en Monforte?

Ser un monfortino máis desde fai 34 anos. Monforte é a miña cidade, na que vivo coa familia.

Nunca se lle ve cun pantalón vaqueiro.

Téñoo posto moitas veces cando tiña menos anos. Agora uso outro tipo de pantalóns.

É a gravata un complemento imprescindible para vostede?

Non. A gravata só a uso en actos oficiais.

Campo ou cidade?

Penso que os que nacemos no rural gústanos a vida das parroquias, aínda que a vida na cidade ten moitos atractivos.

Para descansar, praia ou montaña?

Gústame combinar as dúas cousas. A praia gústame para pasear, pois non son moito de nadar; e o interior, como a Ribeira Sacra, ten unhas paisaxes e achega unha tranquilidade que non se pode atopar noutros lugares.

Comentáronme que cultiva un bo viño.

Como todos os adegueiros afeccionados (como é o meu caso), o viño que fai cada un é o mellor.

É dos que invitan?

A miña adega sempre está aberta ós amigos.

Onde a ten?

Na ribeira do Miño, en Belesar.

Que non pode faltar na súa mesa no xantar?

O pan e a auga.

Dicen que da mar o mero e da terra...

A perdiz, pero tamén me gustan moito o coello e a tenreira.

É dos que xogan ás cartas cos amigos na sobremesa?

Gústame xogar, si, pero o fago pouco porque non teño tempo.

Cantoulle algunha vez as coarenta a alguén?

Si, nalgunha ocasión, aínda que non me gusta. Son unha persoa moi tranquila que prefire dialogar.

Non soporta que...

Me mintan a sabendas de que me están a enganar. Tampouco soporto a deslealdade.

Practica algún deporte?

Non teño tempo para facer deporte. Cando podo adícome a camiñar.

É hincha dalgún equipo de fútbol?

Do Deportivo da Coruña.

Non está pasando por un bo momento.

A verdade é que son momentos difíciles, pero creo que seguirá en primeira división. Tamén espero que ascenda o Celta e volver a ter a dous equipos galegos na máxima categoría.

Canto tempo fai que non vai ó cine?

Fará uns dous meses.

Que xénero é o que lle gusta?

Gústanme as películas de tipo histórico, aquelas que contan feitos reais ou están baseadas neles. As que non son as miñas preferidas son aquelas que teñen moitos efectos especiais.

Por curiosidade, que levaría a unha illa deserta?

Algo que me permitira saír de alí.

Soña esperto?, Con que?

Non. Son unha persoa moi apegada á realidade. Ademais, os soños soños son, non?

Pediu algunha vez perdón?

Pois si. Creo que todos temos que pedilo cando molestamos a alguén sen querer.

Non podería vivir...

Sen os meus fillos e toda a xente que quero.

Ten algunha teima?

Se o orde se pode entender como unha teima, si.

No caso de non vivir en Monforte, que outra localidade lle gustaría para residir?

Nunca o pensei. Monforte e a miña cidade preferida, pola que traballo dende fai moitos anos. Non me vexo noutro sitio. Eiquí será onde acabe os meus días.

No caso de non adicarse a política, que faría?

Teño unha profesión, a de mestre de tecnoloxía agraria, á cal, seguramente, voltarei algún día.

CUESTIÓN DE GUSTOS

  • Dous números no móbil. Se de algo non pode prescindir José Tome é do seu teléfono móbil, unha BlackBerry, con dous números diferentes. Di que a xente con vida pública como a súa ten que estar sempre conectada.
  • Non sen a miña viña. A súa paixón e á vez entretemento é coidar da súa viña. Asegura que lle dá moitas satisfaccións e que a pesar de pasar moito tempo nela, coidándoa, gustaríalle adicarlle aínda máis atención.
  • Admira a José Blanco. O candidato socialista di que admira a Felipe González e a José Blanco, dúas personas que, manifesta, lle fixeron ver que a política é un servizo público e que traballando consíguense cousas.

Comentarios