sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

''No sé planchar las camisas y ya las cuelgo de perchas en el tendal''

Xoán Fórneas, actor e bailarín, está a piques de debutar en 'Dreamland', a serie pola que aposta Cuatro

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me gusta é que sexa un empleo vocacional. O que menos, que nalgún momento poida perigar a miña privacidade.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

Pois sendo a mesma persoa, voltaría a facer o mesmo.

3. O soño que máis se repite é...

Que sangran e se me caen os dentes.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Non. Ou si: comer o caldo da miña avoa.

5. ¿A quen admira?

A meu avó.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

Si, arrepíntome de ter tomado a primeira comunión.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

Si.

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

Sempre teño presente a defensa da identidade nacional galega, así como a intención de perseverar a nosa tradición e cultura.

9. ¿Que cita subscribiría?

Alguén me dixo unha vez que coidase o que me importa. Non todo é eterno, pero o tempo que dure depende, moitas veces, dun mesmo.

10. ¿Que coche ten?

Un peugeot 405. Préstamo meu avó cada vez que vou a Lugo.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Un equipo de música.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

Un retrato que me fixeron. Os agasallos caseiros feitos con cariño son os que me perden.

13. Unha toleada que fixera por amor...

Son moi novo, cando non o sexa tanto xa virán as toleadas...

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría a súa parella?

Non o sei.

15. ¿Teñen algún pacto?

Non.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Vivir un embarazo. ¡Ollo!, sempre que se queira vivilo...

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

‘Tratado de la pasión’, de Eugenio Trías.

18. Non sae da casa sen...

¡Calzóns! Calquera outra cousa podería esquecela, porque son moi despistado.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

Todos.

20. Algo que nunca falte na súa neveira...

Manteiga. Emprégoa para moitas cousas.

21. Pérdeo un bo...

Viaxe.

22. Unha prenda que desteste...

Os calcetíns ao durmir.

23. As súas mellores vacacións foron...

O pasado verán. Fixen unha ruta pola península co coche.

24. A súa viaxe soñada sería a...

Calquer sitio onde me poida relaxar.

25. A paisaxe que máis o impresionou...

Moitos sitios de Galicia, porque polo de agora non vin nada mellor.

26. ¿E cal é a súa materia pendente?

Pasar o ferro a unha camisa. Cando as poño no tendal colócoas directamente en perchas. Así disimulo un pouco as engurras.

«O MUNDO ARTÍSTICO GUSTOUME DENDE BEBÉ»

1. Está a piques de estrear a serie de televisión ‘Dreamland’ e xa promociona co grupo homónimo o seu primeiro single, ¿sinte algo de vertixe?

Un pouco. Sobre todo porque a opinión da xente ás veces é ben dura e hai que estar preparado.

2. Só ten 20 anos e aínda está a estudar Arte Dramático, ¿quizais pensa que vostede, coma os personaxes da serie, tamén está vivindo un soño?

Non sei se é un soño, pero si que estou nunha das mellores épocas da miña vida. Non me podo queixar de nada...

3. ¿A súa relación co espectáculo é buscada ou chegou por casualidade?

Sempre hai unha parte que se produce por casualidade, pero o certo é que dende bebé era algo que me chamaba a atención. O meu é vocación.

4. ¿Que cre que pode ter de especial a nova serie de Cuatro para ‘enganchar’ á audiencia?

Todos somos xente para a que, hai pouco tempo, facer unha serie de televisión era algo que estaba ben lonxe e por iso desexamos, e nos esforzamos, en que vaia todo ben.

''No sé planchar las camisas y ya las cuelgo de perchas en el tendal''
Comentarios