domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

''No se arrimaban más chicas por ser músico''

Jesús Frías, coa súa caixa. (Foto: J.Vázquez)
Jesús Frías, coa súa caixa. (Foto: J.Vázquez)

Ten 97 anos, pero non os aparenta e asegura que, a pesar da súa idade, segue «coas mesmas ilusións de toda a vida, a caixa e a banda de Antas». Jesús Frías Guerreiro, músico de vocación, pero que para comer tivo que traballar no campo, é o membro máis veterano dunha formación que ten máis de cen anos de historia e é unha das máis antigas da provincia.

Jesús naceu na aldea de Verín, no municipio de Antas de Ulla, a mediados da década dos dez do pasado siglo, nunha familia de tres irmáns e neste lugar pasou toda a vida. Aos 14 anos entrou a formar parte da banda de música, tocando a caixa que lle regalou a súa nai, María Manuela, e un ano despois trocouna por outra que lle mercou a un emigrante que a traxera de fóra. «Levo con ela dende entón, máis de 80 anos, e para min é como a miña vida», di Jesús.

Consiga AQUÍ la información completa

''No se arrimaban más chicas por ser músico''
Comentarios