''Non me considero un modelo, só unha persoa que cumpriu o seu soño de emprendedor''

Pregunta:  Un dos alicerces da empresa é a innovación.
Resposta: Efectivamente. Blusens inviste en I+D+i ata o 10% da facturación anual, ao considerar a innovación un dos alicerces do éxito corporativo. Temos un equipo propio en Santiago, que nestes momentos dedica os seus esforzos a revolucionar o lecer dixital doméstico.


P: Daí os seus produtos punteiros.
R: Blusens ten unha longa tradición de innovación, a pesar da nosa mocidade, que nos levou a lanzar novidades mundiais, como o G12, o primeiro MP4 Bluetooth do mercado, ou o G01, o primeiro navegador GPS capaz de mostrar a ruta sobre imaxe real procedente de fotografía aérea.

P: ¿Como lles afecta a crise?
R: Os consumidores non acoden ás tendas coa alegría doutras épocas e pensan máis as compras. En todo caso, aprecian moito máis o esforzo de Blusens en adecuar os nosos produtos ás súas necesidades, ofrecendo unha imbatible relación calidade-prezo.

P: ¿Un proxecto de futuro?
R: Consolidar a expansión que xa comezamos, ser unha marca recoñecida no mundo e logo a saída a Bolsa nun prazo de tres anos.

P: É vostede un modelo a seguir para os novos empresarios. ¿Conleva isto moita presión?
R: Non me considero un modelo, simplemente unha persoa que conseguiu achegarse, con moito esforzo e dedicación, a cumprir o seu soño de emprendedor. Eu a día de hoxe, aínda que lle agradezo o comentario, penso que non conseguín aínda nada.


As claves da empresa
Nome: Blusens Global Corporation
Sede: Avenida Fernando Casas Novoa, 37, B-2º. Santiago de Compostela
Web: www.blusens.com
Persoal: O equipo de Blusens está formado por preto de 200 traballadores
Facturación: A facturación prevista este ano é de 60 millóns de euros en España. As filiais americanas no seu segundo ano de vida comercial acadarán os 20 millóns de USD e a división de Oriente Medio, os 6 millóns

Comentarios