''No imaginé que tendríamos un premio en el concurso de Tráfico''

Carmen Varela, directora do grupo de teatro creado polos usuarios de Aspanane que hoxe actúa en Alfoz 

Como se sinten tras acadar o terceiro premio do concurso de proxectos de educación viaria de Tráfico?

Para eles e para min, a nivel profesional, facer un traballo e ver esta recompensa faiche ilusión. É incríble, foi unha grata sorpresa. Xamais imaxinei que íamos ser seleccionados e menos que conseguiríamos o terceiro premio do concurso.

Ensaian moito?

Agora non, porque xa están máis soltos. Notouse unha gran evolución desde o principio. Se se equivocan, tiran para diante.

Como directora, que supón?

Despois de tanto traballo e do esforzo de varios meses é algo moi positivo ver que se recoñece a túa obra con uns rapaces que o colleron todo con moita ilusión e ganas.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios