Non están sós, aínda que o crean

AÍNDA que as eleccións europeas racharon co bipartidismo, as dúas formacións que o sosteñen como un xeito de turnismo similar ao que padeceu España a finais do século XIX pretenden escenificar na continuidade do modelo de Estado a inexistencia de alternativas. E nese pacto tácito incluso o presidente do Goberno chega a destacar o labor do líder en retirada do principal competidor porque acepta o seu planteamento e porque serve de freo ao republicanismo das súas ringleiras, e pola contra arremete contra calquera disparidade. Os dous manteñen o mesmo comportamento que os levou a perder millóns de votos, como gobernar para o pobo pero sen contar con el, temerosos de que os cidadáns amosen unha opinión distinta. E para iso recorren á sacrosanta Constitución, obviando que cando interesou se cambiou nunha tarde (2011) porque Europa requiría a estabilidade orzamentaria.

Comentarios