NON QUERO poñer nomes, pero unha manchea de políticos que estes días gaban a figura de Mandela deberían absterse pois o só feito de ser nomeado por eles enlama a súa memoria. Porque en contra do que significou de anteposición do ben común ás ambicións persoais, na actualidade parece que a política é sinónimo do contrario. Seguro que entre o colectivo público quedan milleiros nos que prima a honestidade e incluso centos aos que o seu servizo aos demais lles costa sacrificios persoais e económicos; pero unha boa parte, por desgraza a máis visible, aproveita o seu posto de responsabilidade para favorecerse ou facelo cos seus achegados. Mandela pasou 27 anos na cadea só por oporse a unha inxustiza, a superioridade dos brancos sobre os negros; tal xenerosidade non debería ser invocada por quen o único que busca na administración pública é o seu lucro persoal.
Buscar
Más en Noticias
Noticias
España vive temperaturas bajo cero mientras que Galicia afrontará una jornada de transición
Redacción
23/abr./24 18:21
Noticias
Dani González asinou un hat trick para apertar ao Outeiro na clasificación
Redacción
21/abr./24 22:46
Xogador do Folgueiro
Óscar Pérez Meitín marcou de penalti e no desconto para lograr a vitoria
Redacción
21/abr./24 22:10
Dianteiro do Paradela
Juan Manuel Silva, responsable dun hat trick na goleada ao Quiroga
Redacción
21/abr./24 21:30
Comentarios