martes. 17.09.2019 |
El tiempo
martes. 17.09.2019
El tiempo

Non devolven o dilapidado

CONSELLEIROS que decidían desafiuzamentos a centos por uns meses mal dados dos hipotecados; directivos da mesma entidade bancaria que enganaba con participacións preferentes polas que milleiros de pequenos aforradores perderon case todo o que tiñan, eses mesmos disiparon máis de 15 millóns de euros en comidas, viaxes, roupa ou outras compras en grandes almacéns á marxe dos gastos propios de representación. O ideólogo dun sistema de tarxetas pantasma chegou a dilapidar el só case medio millón de euros, e quen era daquela o presidente da caixa, Miguel Blesa, íalle por pouco á zaga, e así ata representantes de todos os partidos. É exemplo de dispendio nunha época de excesos que agora pagamos entre todos sen que na maioría dos casos os despilfarradores se vexan obrigados a devolver o malgastado, mentres os demais seguen apertando o cinto por obriga legal.

Non devolven o dilapidado
Comentarios