Non creo nas ONG que suplantan estados

Se me ven pola rúa, por favor, nin me paren sequera, porque perderán o tempo. Síntoo por vostedes, empregados de ONG que fan o seu traballo inten- tando captar asociados, pero non podo participar dunha filosofía na que non creo. Non poden resolver estas organizacións os problemas que lles corresponden aos estados, que deste xeito abdican dos seus deberes, eles e organizacións supra- estatais como as Nacións Unidos na que todos están representados. Porque debería ser obriga das admi- nistracións protexer os cidadáns e garantir a súa subsistencia, a de todos, e non deixala en mans privadas como as destas asociacións, a non ser que se pretenda favorecer un ultraliberalismo que acantoe unha parte da sociedade e se fomente a caridade en vez da xustiza. Si creo, pola contra, nas ONG de protesta contra os excesos dos estados, pero non nas que fan un traballo reservado para estes.


Comentarios