As noites azuis

Non hai xornalista cativa que conte historias coa grandeza da periodista Joan Didion. Ramón González Rey fálanos sobre ela co gallo do seu próximo libro. Ramón Rozas visita a exposición en Madrid do Mestre Mateo, un talento absoluto; como o de Marlon Brando, sobre o que escribe Portorosa. Nesta quincena Manuel Gago prestou unha especial atención á falta de tacto de Trump, algo que lle acontece a Xurxo Chapela co escritor John Berger. Antonio Costa fala sobre as penas amorosas do pianista e escritor Felisberto Hernández contra a fin dun número que pecha Jaureguizar, cun artigo sobre o imperceptible movimento que experimentan montañas como poden ser o actor Gerard Depardieu ou a Real Academia Galega.

Comentarios