''Las de Chapela vamos a tomar un año sabático en el remo tras ganarlo todo''

Noelia Rodríguez Parcero (Vigo, 1986) foi unha das remeiras que tivo a honra de repetir vitoria na II Bandeira Feminina da Concha, na traiñeira Rías Baixas. Agora, tras ''gañalo todo'', ela e as súas compañeiras de Chapela deixarán medio coxa a embarcación para tomarse un merecido descanso no remo.

Pregunta: Que era o que vían máis difícil este ano na Bandeira da Concha?

Resposta: Repetir a vitoria. Criamos, víamolo como algo imposible. Os equipos este ano eran moito máis fortes, por exemplo, non sabiamos en que estado chegaba Astillero, xa que en toda a tempada non remaramos contra elas porque non competiron na Liga Euskotren.

P: Quen foi a rival máis dura en San Sebastián?

R: Das 11 tripulacións que participaron a máis dura foi, sen dúbida a de Tolosa- Getaria, sobre todo na primeira manga, que ían moi rápidas.

Próximo obxectivo
P: Como se compenetran remeiras de tres clubs para formar unha única traiñeira galega?

R: Adestrabamos dous días á semana, de saír ao mar, un en Aguiño (Ribeira) e outro en Aldán (Cangas). Cada club [Meira, Cabo e Chapela] levaba as súas remeiras. Era un pouco complicado, pero non había outro xeito de facelo.

P: E cal é agora o seguinte obxectivo a cumplir logo de contar por vitorias as participacións na Concha?

R: Nós, as de Chapela, ímolo deixar por un ano. Imos tomar un ano sabático, como se adoita dicir. Eu levo seis anos remando e son a que menos leva. É demasiado tempo e moi sacrificado.

Logo dos triunfos, un descanso
P: É un adeus, unha retirada definitiva?

R: Contamos con volver, só queremos un descanso. Xa o gañamos todo, a Concha, a Liga, non nos vén mal.

P: Deixades un pouco coxa a traiñeira galega...

R: Si, remabamos cinco de Chapela, pero tamén había cinco que non remaban, que quedaban sempre en terra, porque en cada regata a xente vai cambiando. Hai banco para a traiñeira.

P: Cre que é posible que o ano que vén se volva repetir a fazaña?

R: Se montan un bo equipo, si. Meira e Cabo teñen moi boas remeiras, todas aportabamos por igual. De feito, eses dous e Chapela son os equipos que máis soan sempre en todas as competicións, xunto coas cántabras de Astillero.

Dúas bandeiras femininas, dúas vitorias galegas
O domingo 13 de setembro de 2009 a traiñeira feminina galega Rías Baixas, con remeiras de Chapela, Cabo de Cruz e Meira, proclamábase campioa da II Bandeira Feminina da Concha, por diante das embarcacións de Tolosa-Getaria, Astillero –adestrada polo galego José Manuel Francisco– e Zumaia nunha disputada final. O ano anterior, na primeira edición feminina da mítica bandeira, a vitoria tamén fora para a tripulación galega.

Comentarios