Defensa do Palas

Noel Gavieiro Sánchez marcou o gol da vitoria no desconto de córner ante o SP Lucense

SEGUNDA GALICIA SUR
PALAS_NOEL
photo_camera PALAS_NOEL
O Palas segue tocando na porta para entrar na zona de play off. Esta fin de semana achegouse máis aproveitando a derrota do Ferreira e a vitoria in extremis ante o Spórting Lucense, ao que venceu pola mínima cun gol de Noel no minuto 95, de córner. A primeira parte foi máis igualada, pero foi o equipo visitante o que dispuxo de máis opcións. Na segunda foi claro instigador de gol, aínda que non o logrou ata o tempo de desconto.