Juan C. González: ''No Entroido Ribeirao o relevo xeracional está garantido pero falta máis apoio institucional''

Juan Carlos González, vestido de volante. t. parga
photo_camera Juan Carlos González, vestido de volante. t. parga

Juan Carlos González preside dende o seu inicio o colectivo Amigos do Entroido Ribeirao, que naceu para poñer en valor unha celebración que ten lugar dende hai séculos nos pobos da ribeira do Miño e que ten como principais protagonistas a volantes, mecos e peliqueiros -tamén chamados maragatos-.

No ano 2000 xorde entre varias parroquias de Chantadaa asociación Amigos do Entroido Ribeirao, un colectivo para defender unha festa en fase de decadencia.

Como se plantexou o grupo?

Formouse para protexer unha forma de Entroido ancestral que durante moito tempo se celebraba en lugares como San Pedro de Líncora, Camporramiro, Santiago de Arriba, A Sariña, Nogueira e Vilaúxe pero que dende os anos 90 apenas se mantiña en Santiago de Arriba e Nogueira. O Concello fixo a proposta e varios veciños apoiámola.

Como van os preparativos deste ano?

A estas alturas só quedan detalles porque o domingo terá lugar a primeira saída e a representación dos primeiros oficios no marco do Domingo de Lambedoiro. O día 3 de febreiro será o Domingo Corredoiro, o 10 o Domingo de Entroido e o 12 o Martes de Entroido.

Cal é o programa previsto?

A rutina é un pouco semellante todas as xornadas. Polas mañá volantes, mecos e piliqueiros visitan as viviendas do pobo e pola tarde hai un desfile, a actuación dun grupo de gaitas e a representación de varios oficios que son pequenas obras teatrais en tono cómico e de sátira. Ademais, temos un pequeno ágape a base de pinchos.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios