Nin un vaso de auga sen recompensa

ATA QUE se privatiza ben tan necesario. Agora sae tan cara que moitos concellos tentan recuperar a concesión. Hai casos de empresas, no que a auga privatizada é políticamente pouco potable e baixa chea da suciedade da corrupción, como vemos en moitas cidades.

Nestes seis anos de crise, os cortes de auga por impago disparáronse. Cada ano, según Aeopas, asociación do abastecemento e saneamento, tramítanse medio millón de avisos de corte de suministro. E ata 300.000 familias en España quedan sen auga porque as empresas privadas pechan a billa a quen non pode pagar. Os entusiastas privatizadores garanten sobre todo as gañancias das empresas privadas dun auga que pertence a todos. Se tes unha fonte pública, potable ou non, lonxe ou cerca, terás que volver ao que facía a avoa: carretar auga cada día para beber, cociñar, lavar roupas e a pel.

Temos catro chanzos administrativos: central, autonómico, diputacións e concellos, pero tivo que ser o Parlamento Europeo o que emplazara a UE para que recoñeza como dereito humano o acceso a un mínimo vital de auga potable para cada persoa. Enteraranse os gobernantes máis cercanos que a auga é imprescindible para a vida?

Desde que mandan os Mercados ninguneando a gobernos democráticos, medra expoñencialmente o número de familias ás que lles expolian este recurso fundamental para a vida. Na rica Europa un millón de persoas non ten acceso á auga potable. E máis de oito millóns carecen de saneamento. Que pasará no Terceiro Mundo? Cómpre reivindicar a potabilidade da auga da billa. A que máis contamina é a embotellada. Carísimas doxes están a cubrir o planeta dunha pel de plástico. E iso que moitos expertos afirman que a agua embotellada non é mellor que a da billa.

Tamén están de acordo no que sabe o sentidiño común da xente, que ‘a única forma de garantir un mínimo vital á poboación é coa xestión da auga desde un modelo público solidario’. Por iso os políticos son elexidos democraticamente para xestionar o público e non para que mostren a súa inutilidade traspasando esa xestión ao negocio privado onde os euros importan máis que as persoas.

A Onu recoñece que a auga é un dereito humano e que cada persoa debe ter acceso a 40 litros cada día. Agora xa sabemos que é un recurso caro, precioso e escaso, que hai que xestionalo con intelixencia e austeridade, sobre todo en sociedades dadas ao malgasto como a nosa.

A Onu propón o 22 de marzo como Día Mundial da Auga porque ter acceso a ela é un dereito relacionado coa dignidade das persoas. Sen auga somos socialmente invisibles. En España ata o 50% dos concellos cederon a xestión da auga a empresas privadas. Cada vaso de auga que comercializan concédelles abondosa recompensa.

Comentarios