«Nin meu pai nin miña nai sabían a linguaxe de cada un»

Mi madre tuvo seis hijos, los dos mayores murieron de bebés, los dos que siguen, mayores que yo, se criaron con ella. Mi hermano gemelo y yo nos criamos con mi padre en su faceta de pintor. En Galicia, pese al sueldo miserable de maestra y a no tener electricidad ni agua caliente, vivíamos bien; a la maestra en un pueblo se le cuidaba. Aquel es mi paraíso perdido.

David Monteagudo / Viveiro

O fillo maior morreu nun atropeio cando só tiña 13 anos. Foron momentos moi duros, pero ao final saímos adiante.

Baudilia Fernández / Lugo

Seu pai [de Lois Pereiro] era licenciado en Dereito, traballara de avogado pero como non lle gustaba puxo en marcha unha cristalería; e súa nai fora mestra na República. Os nenos tiñan unha conta nas librerías de Monforte para comprar libros. Os amigos del falan da súa familia como unha familia excepcional, con igualdade e liberdade entre os membros. Era xente distinta.

Marcos Calveiro / Monforte de Lemos

Santa Cristina do Viso era un alto dende o que se vía un castro rodeado de ríos e cheo de castiñeiros. Víase toda unha devesa. Era unha paisaxe como Canadá. A casa dos meus avós maternos era unha casa grande, con libros, cun tío cura. Tanto meu pai como miña nai foron os primeiros con estudos superiores da aldea. Miña nai foi mestra e meu pai licenciou-se en Dereito e tivo unha cristalería toda a vida, na que tamén traballou Lois.

Xosé Manuel Pereiro / Monforte de Lemos

Nacín na rúa José Antonio, tamén coñecida como A Feira. Como a casa fora feita polo meu avó, chamábase Casa do Loureiro, procedendo este de onde estaba situada a anterior casa O Loureiro en Villameá. Meus pais son Suso Meilán, que sempre se dedicou á mecánica desde que era rapaz, e miña nai, Maruja, que tivo unha tenda de roupa á altura donde está agora a parada de taxis.

Carlos Meilán / A Pontenova

Meu pai é de Baamonde, dos Pelo Paxaro; miña nai, dos Rachados de Parga, así que son de dúas familias de pedigrí. Miña nai coñeceu a meu pai apenas chegou ela a América. Pero meu pai xa levaba anos alí e fixera unha viaxe a Galicia de solteiro. Coñecéronse cando miña nai foi mercar ao almacén, que era o traballo tipicamente dos galegos que se independizaban, como dicían eles. Mercaban nun lugariño deses e ela foi, en canto meu pai botou o lente dixo «esta paisana...». E ai empezou o asunto ese. Nacín eu, e decidiron que o lugar para cristianarme era Galicia e leváronme a Baamonde. Incríble!

Antonio Pérez Prado / Baamonde

En mi memoria más antigua está la imagen de mi madre, Amadora, cogiéndome de la mano, las dos solas en un lugar extraño. Una cierta sensación de impotencia y desamparo en su rostro, quizás temor o incluso terror. Hasta que fui mayor no pude formarme una opinión respecto a esa imagen de mis 5 años, cuando me explicaron que ese día estaba con ella en el lado francés de la frontera con España. Era el año 1936, los españoles se desangraban en una guerra civil y a mi madre y a mí nos había cogido su estallido en Madrid, separados de mi padre que estaba en Lugo.

Mary Quintero / Lugo

Miña nai tiña unha grande fantasía. Contaba historias, recitaba romances e cantaba. Sabía todas as zarzuelas. Inventaba contos para que estiveramos calados e quietos. Esto parece que foi unha especie de menciña na nosa casa. Eu mesmo participaba nesta creación de contos.

Álvaro Cunqueiro / Riotorto

Meu pai, Benigno Rey Infante, era un home de ideas progresistas e de certa tendencia anarquista, e de profesión patrón de barco. Miña nai, María Balbís Franco, era de orixe labrega e ocupábase da casa e da atención da horta. Deste casamento naceron once fillos mais só catro chegaron a adultos. A miña infancia transcorre entre a axuda que lle presto a miña nai na horta e na escola.

Francisco Rey Balbís / San Cibrao / Cervo

Meu pai tivo aberto comercio en Lugo, Calzados Ciudadela, durante case corenta anos na rúa Doutor Castro, antiga Batitales, ou rúa das Dulcerías, que todos estes nomes ten. Miña nai, procedente de terras de Pontevedra, opositou en Lugo para mestra e aquí viviu máis de sesenta anos, de modo e maneira que as raíces están ben chantadas.

Pilar García Negro / Lugo

Miña nai era unha muller moi positiva e alegre. Nunca lle faltaba un sorriso e mesmo unha gargallada para calquera. Era pronta á harmonía e tiña don de xentes. Por suposto que tería os seus detractores, como é lóxico, pero a maioría da xente lémbrase dela como unha muller amigable, compraciente e sacrificada polos demais.

Bea Vidal / Fonteo / O Pividal / Baleira

Miña nai foi Maruxa de Castro de Xudán. Meu pai é americano. Estivo nas forzas aéreas en Francia por un tempo e cando coñeceu a miña nai estaba de vacacións en Barcelona. Foi a un bar e alí coñeceuna porque ela estaba alí a traballar. O que máis me fascina é que nin meu pai nin miña nai sabían a linguaxe de cada un. Coñecéronse por medio de sinais. Casaron en Francia. En 2012 tiven oportunidade de ir a Barcelona porque tiña moitas ganas de ir a Las Ramblas para poder ver se encontraba o bar onde traballaba ela, pero claro, como xa pasou muito tempo, non dei con el.

María Bernardeta Fernández Taylor / A Pontenova

Eu era unha nena de apenas catro ou cinco anos cando viñeron prender a meu pai. Lembro aquel día perfectamente, recórdoo fumando esposado e que as veciñas tiveron que asistir a miña nai. Ela botou a vida esperando un acto coma este, creo que viviu 104 anos só para ver este día, pero non foron suficientes e non chegou a velo.

Luz Reboiro / A Pobra do Brollón

A miña familia sempre foi liberal. Meu pai era rexistrador da Propiedade e foi presidente do Círculo das Artes e de Cantigas e Aturuxos. Miña nai, dona Dolores, era filla do coronel Martínez Monje Restoy.

Fernando Neira Martínez-Monje / Lugo

Directamente, ningún familiar me conduce á poesía, pois ningún coñecido a cultivaba no meu contorno infantil, pero, indirectamente, eu escoitaba e lía poemas dende moi novo na escola unitaria de miña nai, onde mesmo nacín e na que practicamente me criei. Tamén meu pai recitaba de memoria fábulas de Iriarte e de Samaniego que aprendera na infancia e que a min me encantaban porque estaban protagonizadas por animais.

Claudio Rodriguez Fer / Lugo

Miña nai era de Medina de Rioseco e fixera Maxisterio en Valladolid, por certo, con Premio Extraordinario, e posteriormente cursou a carreira de Farmacia en Compostela. Vivimos en Chantada até os meus cinco anos, mais a carreira política de meu pai levounos a Madrid. Logo veu a guerra.

Pilar Vázquez Cuesta / Chantada

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22,00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios