Nicandro Ares: ''Alonso Montero me dijo que no era amigo de los cursos y que iría al infierno, pero a ver si va''

Nicandro Ares (Foto: Xesús Ponte)| Nicandro Ares fala á sombra dunha nogueira en Bóveda de Mera

A RAG vén de publicar ‘Estudos de toponimia galega’, do sacerdote e filósofo Nicandro Ares (Lugo, 1926). O experto vive retirado no seu Cabanas natal dende onde vai misar a diario a Bóveda.

 

xubilación non é un topónimo. De selo, sería o único que non interesaría a Nicandro Ares. A Real Academia Galega, que preside Xesús Alonso Montero, vén de editarlle dous voluminosos con textos seus que suman 1.400 páxinas nas que se recompilan 178 artigos sobre a orixe dos topónimos da Diócese de Lugo escritos entre 1964 e 2011. Cando nos citamos, fálame de Cabanas como se fose unha aldea nas fronteiras de Katmandú. «É mellor que quedemos en Santa Eulalia de Bóveda de Mera», propón, desenvolvendo o topónimo do lugar que se atopa no municipio de Lugo «porque hai varias Santa Eulalia de Bóveda». Ao chegar ao punto de encontro, atópomo escoitando a radio no interior dun coche pequeño e branco -entendéralle ao teléfono que era «gris»-. A súa dignidade relixiosa é o único aspecto no que Nicandro Ares deixa asomar unha pálida sombra de orgullo. O sol peta con ganas e buscamos o abeiro confortable dunha nogueira para sentar nun banco de parque.

Como andamos de parroquia para as misas?

Casas hainas, que ben as ve... Hai gaiolas, pero non hai paxaros. Non importa que non me veña xente porque eu son cura e vou seguir séndoo ata que morra.

E onde lle marcharon os paxaros?

Andan a outras cousas. Pero non me importa. Teño chave e veño misar cando quero; pola mañá, pola tarde...

Pero como pretende ter fregueses se non saben a que hora poder asistir á misa?

Ah! Hai un párroco que é o que se ocupa de misar. El ten as súas horas e a xente váille a misa.

E como non misa en Cabanas?

En Cabanas non hai igrexa, é unha aldea.

Así que vén a Santa Eulalia e celebra misa.

Veño coa miña irmá. Entres os dous, facemos quórum. Non lle parece?

Conta a intención.

Tamén asiste un estorniño, que quedou atrapado na igrexa. Seguirei misando mentres me deixen. É algo que me gusta moito facer. Durante moitos anos estiven mirando para fóra e, agora que estou perdendo vista, empecei a mirar para dentro.

Pero vostede elexiu ser sacerdote de novo, elexiu mirar para dentro.

Si, pero as cousas de fóra atraen moito. Agora xa non podo miralas tanto. Deixei os meus artigos, non teño internet. Hai que xogar coas cartas que veñen.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios