A natureza como recurso a explotar

Coma en moitas das parroquias chairegas, a agricultura e a gandaría conforman a principal ocupación dos que viven en Baltar. A pesar das dificultades no sector, aínda queda quen loita por vivir do campo a base de esforzo e sacrificio.

Preto do nacemento do Miño, onde este aínda discorre paseniñamente sen chegar á súa plenitude, atópase a parroquia de Baltar, no punto máis ao sur da Pastoriza. A súa natureza, que vai máis alá da coñecida praia da Riboira; a historia, protagonizada por castros celtas case esquecidos como o Castro de Saa, o da Vella da Renta e o do Anllo; e o bo facer dos veciños que persisten en vivir do campo, dan como resultado un lugar que acolle a todos os que ata a el se achegan.

Comentarios