¿Un sinónimo de Galicia?
R Fogar.
P ¿Un lugar para perderse?
R O Puntal, en Camposancos.
P ¿Un filme?
R Vivir, de Akira Kurosawa
P ¿Un cantante?
R Frank Sinatra.
P ¿Un actor imprescindible?
R Charles Chaplin.
P ‘Flores para Amalia’ estreouse en abril e xa recibiu varios recoñecementos. Tivo boa acollida...
R Moi boa. E francamente estamos moi contentos. Xa contamos con varios premios como son o do público e o do xurado dos veciños na última edición do Festival de Cans, e os dous últimos foron o do público e á mellor interpretación masculina a Gonzalo Uriarte no Festival de Castela-A Mancha. Pero, en realidade, estar seleccionado nun festival xa é un premio. A cada un chegan entre 400 e 800 curtas e só se proxectan 10 ou 20.
P ¿Que quere contar nesta curta?
R Gústame contar historias da vida cotiá que moitas veces pasan desapercibidas, quizais porque os que as protagonizan pasan desapercibidos ante unha sociedade que non se para a mirar cara atrás. O bonito é que cheguen ao espectador e que dalgún xeito se sinta identificado..

Naceu na Guarda en 1966. Como actor traballou en teatro e en audiovisual (Matalobos, Padre Casares...)
Foi director e guionista da curta Dies Dei e agora de Flores para Amalia
No elenco deste último traballo figuran Gonzalo Uriarte, Mela Casal ou Luis Iglesia