Nani Matos: ''Gústame contar esas historias da vida cotiá que ás veces nos pasan desapercibidas''

¿Un sinónimo de Galicia?
R
Fogar.

P ¿Un lugar para perderse?
R
O Puntal, en Camposancos.

P ¿Un filme?
R
Vivir, de Akira Kurosawa

P ¿Un cantante?
R
Frank Sinatra.

P ¿Un actor imprescindible?
R
Charles Chaplin.

P ‘Flores para Amalia’ estreouse en abril e xa recibiu varios recoñecementos. Tivo boa acollida...
R
Moi boa. E francamente estamos moi contentos. Xa contamos con varios premios como son o do público e o do xurado dos veciños na última edición do Festival de Cans, e os dous últimos foron o do público e á mellor interpretación masculina a Gonzalo Uriarte no Festival de Castela-A Mancha. Pero, en realidade, estar seleccionado nun festival xa é un premio.  A cada un chegan entre 400 e 800 curtas e só se proxectan 10 ou 20.

P ¿Que quere contar nesta curta?
R
Gústame contar historias da vida cotiá que moitas veces pasan desapercibidas, quizais porque os que as protagonizan pasan desapercibidos ante unha sociedade que non se para a mirar cara atrás. O bonito é que cheguen ao espectador e que dalgún xeito se sinta identificado..

Nani Matos Barcia

Naceu na Guarda en 1966. Como actor traballou en teatro e en audiovisual (Matalobos, Padre Casares...)

Foi director e guionista da curta Dies Dei e agora de Flores para Amalia
No elenco deste último traballo figuran Gonzalo Uriarte, Mela Casal ou Luis Iglesia

Comentarios