domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

Nacións e estados non son sinónimos

Co que sucede en Ucraína non sobra repasar as relacións entre nacións (término político) e estados (término xurídico), pois existe unha tendencia a facelos sinónimos cando non se pode, e incluso hai quen ao término político pretende darlle condición xurídica, como pasa con algunhas constitucións ou estatutos de autonomía. É unha visión interesada que está callando debido ao empurre dalgúns partidos cando en realidade están próximos pero non son o mesmo. Hai nacións sen Estado (Tíbet, Escocia, por non dicir algunhas de España), estados con varias nacións (Canadá, Suíza, por non dicir España), estados con parte doutras nacións (Finlandia con suecos, Ucraína con rusos) e incluso estados que se pretenden converter en referente supranacional de cantos connacionais viven fóra das súas fronteiras (Israel, como Estado da gran nación xudía). Non é tan sinxelo como o de nación-Estado, verdade?

Nacións e estados non son sinónimos
Comentarios