''Nacer en Ribadeo fue como nacer en un país mítico''

Demografía abondosaDemografía abondosa

El admirable Wenceslao Fernández Flórez dijo en una interviú que sólo los que nacen en Galicia pueden ser humoristas. En un principio, esto me aterró, pues ya he dicho que soy madrileño. «¡Dios mío? -gemía angustiado-, ¿por qué no me hiciste nacer en Galicia?». Pero felizmente, me tranquilicé en seguida al recordar que mi ama de cría era gallega y entra, por tanto, en lo probable que al transmitirle el jugo de sus pechos, me transmitiera también la cantidad de galleguismo necesaria para ser humorista. Y desde entonces, vivo tranquilo. Aquella noble mujer, cuyo paradero ignoro, se llamaba María Rosa Cortón, y era de Sarria (Lugo). Vaya una memoria ¿eh?

Enrique Jardiel Poncela / Sarria

Nací el 2 de octubre de 1920 en la calle del Sol, que ahora es San Froilán y me fui enseguida a San Roque. A los tres años pasamos a vivir en el tercer piso del número 9 de la calle Progreso, que entonces era Manuel Becerra. Allí estuvimos entre cuarenta y cincuenta años.

Mercedes Arias Rey / Lugo

Aínda que nacín en Rábade, preto de Lugo, nada lembro deste lugar porque con sete meses me levaron de alí. Os meus recordos son da Feira do Monte, que é unha fermosa vila que se estende nun outeiro no que hai unha ermida, e unha lagoa, debaixo da que dorme eternamente un pobo enteiro por culpa dun zapateiro que feriu coa súa subela o Neno Xesús. Alí ao pé da banca doutro zapateiro que a ninguén fería nin coa subela nin con cousa ningunha, deime conta que estaba destinado a vivir.

Xabier Puente Docampo / Castro Riberas de Lea

Parece ser que yo nací en una aldea que se llamaba Santa Comba, pero mi padre no quería que yo fuera de la aldea de mi madre, quería que fuera de su aldea. Esperó un tiempo prudencial, me montó a caballo y me llevó a su casa, que llamaba A Penaboa, y yo estoy inscrito como nacido en A Penaboa, no en el lugar en el que realmente nací, que es una casa que se llama el Pacio, en Santa Comba.

Basilio Losada / Santa Comba / A Penaboa / Láncara

Nacín en Lugo capital. Miña nai é de Guitiriz e meu pai era dunha pequena aldea de Ourense, pero digamos que dende moi pequeno vivín sempre en Lugo. Estudei no colexio Anexa. Sempre que podo escapo á Mariña lucense, xoguei dous anos alí e penso que ten un encanto especial.

Lisardo Gómez / Lugo

Cando me preguntan de onde son, eu sempre digo cheo de razón:

-Eu son de Lugo.

-De Lugo mesmo?

-Son da Fonsagrada -resposto eu de contado.

-Da mesma Fonsagrada?

-Non, son de Cereixido, da Casa de Castelao, sonlles o segundo de oito irmáns fillos de labregos, como San Froilán, que naceu moi preto de aquí, no Regueiro dos Hortos.

Julio Fernández / Lugo

Crieime, ata os cinco anos, coa miña avoa-nai Carme nunha pequena aldea (Vilameixide) situada ao pé das montañas de Ancares e medrei rodeado de natureza e de animais. Despois baixei para a vila (Navia de Suarna, Lugo) para xunto dos meus pais porque había que ir á escola de dona Amalita e de don Mario.

Toño Núñez / Vilameixide / Navia de Suarna

Son o maior dos da Galaica, o que coidaba a Emilia dos Caganacabaza. Iso de que o boi é de onde pace e non de onde nace, debe ser certo para os bois, pero non para a xente. Ben, si son forasteiro para o Club Fluvial, porque para o Club Fluvial Monforte é a cidade na que todo o mundo é forasteiro quitado se es socio do Club Fluvial, ou alomenos iso pon nas entradas.

Xosé Manuel Pereiro / Monforte de Lemos

Nacín en 1947, na España gris e amarga da posguerra. Fun neno nos anos cincuenta, así que pertenzo á última xeración de europeos que creceu sen televisión. Daquel tempo, recordo as historias nocturnas contadas arredor da cociña de ferro, algúns libros de aventuras, os contos, as escasas películas de cinema que podiamos ver.

Agustín Fernández Paz / Vilalba

Nacer en Ribadeo foi como nacer nun país mítico porque para min a infancia é un tempo mítico e recórdoa como se fose un paraíso e moitas veces considéroa un paraíso recobrado ou un paraíso perdido, depende, pero máis ben recuperado porque o paraíso non se perde e non se pode mirar atrás, se non é dunha forma mítica, fermosa. E iso para min é Ribadeo, e Viveiro tamén, porque aos 7 anos marchamos toda a familia para Viveiro.

Luz Pozo Garza / Ribadeo

Eu son monfortina. Nacín unha noite de outubro na rúa do Comercio. Axudoume a entrar neste mundo o mesmo home que 20 anos antes axudara a nacer á miña nai, o Tucho. E aínda que non quedamos a vivir en Monforte, ano tras ano, cada pouquiño tempo, regresabamos á casa de meus avós, na rúa das Hortas. E cada verán, chegaba o máis esperado, agosto, o mes das festas.

Rosa Cedrón / Monforte de Lemos

Eu non teño anos porque ao ser mago son pasado, presente e futuro, e quedo nos libros, poemas, pinturas...

Manuel Montero, Mago Merlín / Mondoñedo

Yo nací aquí en Santiago de Compostela, mi padre era de Vilalba, mi madre nació en Buenos Aires -como siempre, con esto de la emigración nuestra-. Es muy curioso que esto sea así, porque mi abuela era una emigrante, y allí nació mi madre, pero de pequeñita se vino para aquí, para Santiago.

Xerardo Fernández Albor / Vilalba

Yo nazco en Láncara porque mi padre era de Sarria, abogado nacido en Sarria, y llevaba la administración de varios señores de aquella época. Yo nací en el pazo de Láncara y allí estuve hasta los 11 años.

Laureano Álvarez Armada / Láncara

Nací en Lugo, en la calle Bispo Aguirre, en la misma casa en que vivía Trapero Pardo. Yo le decía a don José: «Traperiño, el día que faltemos tú y yo tendrán que poner una placa en esta casa que diga: ‘Aquí vivió el eminente hombre de las letras, José Trapero, y nació la mujer más presumida de Lugo, Concepción Teijeiro’», y él se reía. «Solo a ti se te ocurre semejante cosa».

Concepción Teijeiro Revilla / Lugo

Nazco en Viveiro, pero prácticamente solo nací, porque de muy joven me fui a La Habana, donde tenía un hermano allí establecido. Viveiro, desde el punto de vista de mi formación artística, apenas cuenta para mí, tanto es así, que alguna vez que regresé en un bache de mi vida, figuré con nombre supuesto. Yo era un tal Lander.

Fermín González Prieto / Viveiro

Antoloxía da Memoria de Lugo:El Progreso: luns, mércores e sábados.TeleLugo: martes, ás 22.00 horas. Reemisión diaria. Dirección: José de Cora. Imaxe: Memé Díaz. Ilustracións: Vinicius. Fotografía: Arquivo EP.

Comentarios