En la muralla, músicas de ayer y siempre

Os tres músicos. (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Os tres músicos. (Foto: Pepe Álvez)

BANDAS SONORAS e clásicos do imaxinario musical colectivo, por todos coñecidos, resoaron onte ás oito do serán contra as pedras da muralla. E é que o ciclo ‘Músicas ao teu carón’, organizado polo Concello de Lugo, levou ata o tramo peonil da Ronda un ensamble de corda, formado por violín, viola e violoncelo, que reinterpretaron gran variedade de temas musicais de onte e de hoxe, nun concerto denominado como de música clásico contemporánea.

Unha iniciativa que convenceu a numerosos lucenses, que se acomodaban nos bancos da rúa e nas balaustradas do parque García Morato. Asemade, outros, a quen a música sorprendeu de paseo pola muralla, quedaban a escoitar o concerto dende o alto da mesma, gozando tamén das privilexiadas vistas da catedral e sobre os teitos da cidade.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios