En busca de la motivación

Miruca Parga, no centro da imaxe abaixo, co grupo de rapaces integrantes de Sombras Radiantes (Foto: AMA)
photo_camera Miruca Parga, no centro da imaxe abaixo, co grupo de rapaces integrantes de Sombras Radiantes (Foto: AMA)

O IES Perdouro de Burela resultou gañador este ano do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014, convocado pola Consellería de Educación, na categoría de educación secundaria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais.

O premio foi grazas ao traballo de once rapaces de primeiro de bacharelato, que coordinados pola profesora de Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Miruca Parga, idearon unha mostra composta por dez carteis e unha guía didáctica sobre a figura do poeta guitiricense Xosé María Díaz Castro, ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. «Decidimos presentarnos, porque vexo que os rapaces traballan máis a gusto cando a finalidade é práctica», explica a mestra. «Failles máis ilusión se é para presentarse a un concurso que se o formulas como un traballo de investigación para a clase», engade.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios