Música para encontrar tranquilidad

No sentido das agullas do reloxo, Guadi Galego, Xosé Lois Romero, Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Foto: AMA)
photo_camera No sentido das agullas do reloxo, Guadi Galego, Xosé Lois Romero, Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Foto: AMA)

Como unha illa para o corazón. Así soa o disco de aCadaCanto, cuarteto integrado por nomes recoñecidos da música tradicional galega, que levará mañá a Ribadeo -auditorio Hernán Naval, 19.00 horas, dentro do ciclo Músicas Posibeis- a súa proposta, caracterizada pola sinxela posta en escea e pola procura da beleza das pequenas cousas nun mundo cada vez máis irrespirable.

A partir dun colchón sonoro mínimo pero exquisitamente disposto -Guillerme Fernández á guitarra e Xosé Lois Romero ao acordeón-, os vocalistas Guadi Galego e Xabier Díaz dan textura e relieve a cada palabra. O resultado é unha música que mece e acouga e que lembra todo o verdadeiramente importante.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios