miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

A música fálase no idioma de ramil

O cantante aresano Emilio Ramil.
O cantante aresano Emilio Ramil.

DIN DA MÚSICA que é a linguaxe universal, unha linguaxe expresada en multitude de idiomas -musicalmente falando- que se moven á marxe do empregado polos letristas e cantantes para dar forma ás súas melodías.

Neste especial modo de comunicación, acontecen ás veces disputas entre os diferentes ‘guerreiros da lingua’, falsos posuidores da verdade absoluta que enaltecen o seu estilo por riba dos outros atendendo a (supostas) razóns obxectivas,

Afortunadamente, ás veces pasa todo o contrario e algún artista decide unificar en lugar de destruír, traducir en vez de queimar as bibliotecas alleas. Este é o caso de Emilio Ramil, cantante aresano que onte se apoderou da Praza Maior de Lugo coa súa potente e melodiosa voz, nun concerto no que moldeu uniformemente cancións que, a priori, non terían cabida no mesmo recipiente.

Consiga AQUÍ la información completa

A música fálase no idioma de ramil
Comentarios