La música de siete escuelas pondrá la nota a la trigésima Feira del Libro de Lugo

Ramos Ledo, bao, Maira e isabel López, xunto a representantes das escolas de música (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Ramos Ledo, bao, Maira e isabel López, xunto a representantes das escolas de música (Foto: Xesús Ponte)

Ao compás do bambeo metálico do ensamblado das casetas, o Concello de Lugo presentaba onte unha nova edición da Feira do Libro que, a pesar da crise -o seu orzamento é duns 18.000 euros- , aumentou o seu número de expositores e festexa o 30 aniversario con sete escolas de música e o escritor Antonio Reigosa como pregoeiro. Con doce postos, o recinto cultural na Praza Maior será lugar de encontro de escritores e recuncho para a lectura, concertos, talleres e visitas especiais como a de Gerónimo Stilton, o rato detective máis famoso da literatura infantil, que asinará libros.

Esta festa da letra imprensa arrincará o vindeiro martes. Un concerto da Escola de Música de Fingoi precederá á lectura e inauguración oficial co pregón, acto que culminará co clásico sorteo dun lote de libros (20.45). Os volumes á venda, como sempre, contarán cun dez por cento de desconto.

A música é a gran novidade, e de pór a nota serán responsables os alumnos do Centro de Música de Fingoi, a Tradescola, o Conservatorio Profesional de Música, a Escola Cantarela, a Escola Aulos, a Rossini e a Fábrica de Sons. O Conservatorio de Danza tamén participará cun espectáculo de baile contemporáneo.

PROGRAMA

MARTES, DÍA 15
11.30. Apertura do recinto feiral.
18.30. Concerto da Escola de Música de Fingoi.
19.45. Actuación da Tradescola e lectura do pregón a cargo do escritor lucense Antonio Reigosa. Finalizada a lectura, volverán actuar alumnos da Tradescola.
20.45. Sorteo dun lote de libros entre os visitantes que fixeran compras.

MÉRCORES, DÍA 16
18.00.
Espectáculo do Conservatorio de Danza de Lugo.
18.30. Concerto da Escola Cantarela.
19.00. Lectura de textos do autor homenaxeado no Día das Letras, Valentín Paz Andrade, a cargo de Marina Cillero, Carmen Blanco, Amelia Balseiro e Tonina Gay.
20.00. Combo de jazz do Conservatorio de Música.
20.45. Sorteo dun lote de libros.

XOVES, DÍA 17
12.30.
Presentación do libro de contos ‘A comer’, de Cristina F., cun obradoiro infantil de masa de pan.
18.00. Actuación da Escola Aulos.
19.00. Presentación de ‘Os fillos do mar’, de Pedro Feijóo, e ‘O misterioso doutor Saa’, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán. Participará o director de Xerais, Manuel Bragado, e ao final os autores asinarán exemplares.
20.30. Actuación da banda de grao elemental do Conservatorio de Música.
20.45. Sorteo dun lote de libros.

VENRES, DÍA 18
18.00.
Concerto do Centro de Estudos Musicais Rossini.
19.00. María Luisa Prado Sarasúa asina exemplares de ‘La sombra del ámbar’.
20.00. Presentación do libro ‘Hotel Cidade Sur’, de Xerardo Quintiá.
20.45. Sorteo dun lote de libros.

SÁBADO, DÍA 19
12.00.
Gerónimo Stilton, o rato detective máis famoso, visita a feira para asinar exemplares dos seus libros.
13.00. ‘Aprende a xogar ao milenario xogo do tangram chino’. Obradoiro da libraría El Faro de los Tres Mundos.
18.00. Concerto da Fábrica de Sons.
19.00. Presentación dos libros ‘Medievalario’, de Fran Zabaleta, e ‘Mi padre comía botones’, de Javier Sacha Full. Participarán no acto os autores e un representante da editorial Redelibros.
20.00. ‘Segredos da novela histórica’. Charla coloquio de escritores de novela histórica, coa participación de Xosé Miranda (autor de ‘Morning star’) e Fran Zabaleta (‘Medievalario’).
20.45. Sorteo dun lote de libros.

DOMINGO, DÍA 20
12.30.
Presentación da colección ‘Cociña infantil e familiar’, con cursos de cociña para nenos ás 12.30 horas, ás 14.00, 17.30 e 19.00 horas.
20.45. Sorteo dun lote de libros.
21.00. Peche da feira.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios