lunes. 16.09.2019 |
El tiempo
lunes. 16.09.2019
El tiempo

O Concello de Muras loita por devolver 461 hectáreas aos veciños tras 65 anos

Montes da Gañidoira
Montes da Gañidoira
O goberno retirará "por xustiza social" do inventario municipal os montes da Gañidoira e a Fraga de Ximarás, que se incluíron nun programa de reforestación no franquismo. Hai uns 50 afectados

O Concello de Muras impulsa o proceso para devolver, case sete décadas despois, 461 hectáreas de monte na Gañidoira e na Fraga de Ximarás aos seus propietarios. "É unha cuestión de xustiza social", defende o rexedor, Manuel Requeijo, que asegura que a devolución destes terreos é unha reclamación veciñal histórica.

"Na dictadura houbo un plan de reforestación a nivel estatal e os montes, que eran privados, foron entregados polo Concello, aínda que os propietarios nunca llos cederon á administración local", relata o alcalde, que explica que estaba coordinado por un consorcio entre a Deputación e Patrimonio Forestal del Estado -o que logo pasou a ser o Instituto para la Conservación de la Naturaleza (Icona), cuxas competencias pasaron na década dos 80 á Xunta-.

Generoso Pernas: "Non queremos pagar nada por algo que é noso e que foi roubado, unha inxustiza, unha cousa imposta naquel tempo"


"Fixéronse varios plenos no franquismo e nas actas xa se falaba de que había propietarios en contra. Nunca estiveron de acordo", di Requeijo, que apunta que actualmente os afectados suman máis de medio cento de veciños, aínda que foron máis na época.

"A devolución dos terreos é algo que levan reclamando moitos anos. Cando veu a plantación de pinos moitos tiveron que vender os animais porque se prohibiron as rozas e o pastoreo. Deixaron de ter pleno dereito sobre as súas propiedades", di o rexedor, que no seu relato histórico recorda que nos 70 a Deputación saíu do consorcio.

E os problemas para os propietarios medraron. Un xurado provincial de montes en man común puxo o seu foco nestes terreos a partir do ano 2000. "Os veciños empezaban a moverse e presentaron un contencioso para botar abaixo a declaración de man común, coa que perderían totalmente a propiedade. E unha sentenza do TSXG deulles a razón".

"Gañaron e empezaron a pedir disolver o consorcio", explica Requeijo, que sinala que as cousas aínda se complicaron máis en 2004, cando o anterior goberno local inventariou os terreos como se fosen propiedade do Concello cando "de todos é coñecido que son titularidade dos veciños". Tamén se rexistraron no Catastro.

José María Chao: "Lo lógico es ponerlo todo en regla ya. Sería una satisfacción recuperar los terrenos y un aumento de recursos" 


O goberno local, na súa defensa de restituír a propiedade destes montes, xa iniciou as xestións para retirar os montes da Gañidoira e da Fraga de Ximarás do inventario municipal, o primeiro paso para devolverllos aos seus propietarios, en moitos casos xa herdeiros de segunda xeración. E o obxectivo é facelo este ano.

DÉBEDA. "O Concello non forma parte do consorcio, pero si ten unha responsabilidade na defensa dos veciños", apunta Requeijo, que sinala unha das grandes dificultades que se atopan no proceso: hai unha débeda do consorcio valorada nuns 20.000 euros.

O Concello non pode pagala -porque non é parte-, polo que o goberno local, nun intento de desenmarañar todo este asunto, solicitou á Xunta que a asuma. "A conselleira de Medio Rural considerouno factible e deixouno en mans da asesoría xurídica. Hai vontade política", di Requeijo, mentres algúns dos veciños dan o seu punto de vista.

Paca Rigueira: "A todo el mundo le gustaría recuperar lo que es de uno. Los terrenos están ahí pero no los podemos disfrutar"


"Non queremos pagar nada por algo que é noso e que foi roubado, unha inxustiza", di Generoso Pernas. É propietario de varias fincas na Gañidoira. "Iso foi un roubo, unha cousa imposta naquel tempo. Ao principio multaban os propietarios se lles escapaba unha vaca. Agora ao final xa se podían usar para pastoreo", e recorda o paso de estradas, liñas de luz ou a instalacións de eólicos, pero case ningún beneficio.

"Algo cobré por la carretera, pero otro porcentaje se depositaba en el Concello y no lo veíamos. Lo lógico es ponerlo todo en regla. Sería una satisfacción recuperar los terrenos y un aumento de recursos", indica José María Chao.

"A todo el mundo le gustaría recuperar lo que es de uno. Los terrenos están ahí, pero no los podemos disfrutar", di Paca Rigueira.


O Concello de Muras loita por devolver 461 hectáreas aos veciños...
Comentarios