''Las mujeres cuidan de este mundo mientras los hombres intentamos tirarlo''

O compositor e produtor musical Arturo Vaquero dirixe un dos estudios máis solicitados de toda Galicia

1. ¿Que é o que máis lle gusta e lle desgusta do seu traballo?

O que máis me gusta é a satisfacción dun traballo ben feito, e o que menos, sen dúbida a competencia desleal.

2. Se volvese empezar, dedicaríase a...

O mesmo.

3. O soño que máis se repite é...

En época de crise, que me toca o Euromillón.

4. ¿Estraña algo do que foi deixando atrás?

Si, a xuventude.

5. ¿A quen admira?

Á miña familia.

6. ¿Hai algo do que se arrepinta que se poida contar?

De non ter pasado máis tempo coa miña nai antes de que morrera de cancro.

7. ¿Votou nas últimas eleccións?

¡Home claro!

8. ¿Atrévese a dicir a quen?

Si, a un partido político (Risas).

9. ¿Que cita subscribiría?

«Se educas ben aos teus fillos, non haberá cárceres no mundo», aínda que non lembro a quen pertence a cita.

10. ¿Que coche ten?

Un Citroën Xsara Picasso de segunda man que está a pedir unha revisión a berros.

11. ¿Cal foi o capricho máis caro que mercou?

Un portátil MacBook Pro ‘full equip’, que pasou de ser un capricho a unha necesidade.

12. ¿Cal é o seu ben material máis prezado?

A casa e o estudio de gravación que temos na montaña en Friol.

13. Unha toleada que fixera por amor...

De momento non fixen ningunha toleada por amor pero, en caso de que a fixese, sería pola miña filla de tres anos.

14. ¿Hai algo que non lle perdoaría á súa parella?

Non, téñolle perdoado todo e ela a min tamén.

15. ¿Teñen algún pacto?

Amarnos mutuamente.

16. ¿Envéxalle algo ao outro sexo?

Envéxolle todo. As mulleres son as que están termando deste mundo, mentres que os homes non facemos máis que intentar tiralo.

17. ¿Que libro ten enriba da mesiña de noite?

¿De veras? (Risas). Estou lendo por enésima vez ‘Mastering Audio: The Art and the Science’, do meu amigo Bob Katz.

18. Non sae da casa sen...

As chaves.

19. ¿Que pecados capitais desculpa?

A gula e a preguiza.

20. Algo que nunca falte na súa neveira...

Leite galego.

21. Pérdeo un bo...

Non me perde nin un bo churrasco nin nada polo estilo. O que me perde é ter como amigo a unha boa persoa.

22. Unha prenda que deteste...

As garabatas.

23. As súas mellores vacacións foron...

Todas, todas e todas. As vacacións sempre son sinónimo de felicidade.

24. A súa viaxe soñada sería a...

Outro planeta de ‘Clase M’ (habitable) que non sexa a Terra.

25. A paisaxe que máis o impresionou.

Os Jameos del Agua, na illa de Lanzarote.

26. ¿E a súa materia pendente?

Educar ben aos meus fillos.

«A CRISE ESTÁ DEIXANDO K.O. Á CULTURA»

 

1. Compositor, produtor, técnico e profesor, ¿quédalle algún pau por tocar na música?

Sempre me considerei unha persoa moi inquieta, pero encontrei o meu don neste mundo e todo o que fago está relacionado co son e coa música. Estudo constantemente todo o que afecta a esas materias, e por iso ensino todos eses coñecementos ás novas xeracións.

2. Fai música para cine e para videoxogos, ¿resulta tan divertido como soa?

Gózoo moitísimo, pero é moi laborioso. Para facer música para a imaxe hai que ter coñecementos dos códigos que fan que unha persoa chore ou ría nunha película ou se encha de adrenalina nun xogo de acción. A música ben usada pode facer todo iso.

3. ¿Está tan mal como din a industria musical?

Moi mal. Viñamos dunha crise musical. Apareceu o mp3 e a música empezou a piratearse a gran escala, o que creou unha crise non só nas grandes discográficas senón tamén nas pequenas compañías. E agora, a maiores, esta crise global, que golpea á cultura deixándoa K.O. por veces.

Comentarios