Mulleres, só para reproducir

O QUE faltaba. Resultaría delirante se non fose porque se trata dun tema tan delicado, pero que como argumento favorable ao aborto se reivindique a mellora económica porque haberá máis xente no país é como considerar as mulleres unicamente reprodutoras, coa función exclusiva de traer fillos ao mundo. Pensei que esa concepción quedara superada na Transición política, pero vexo que para algúns sectores aínda non; involucionan na súa morriña a cando ser un bo católico era sinónimo de ser un bo español, cando a práctica relixiosa era equivalente a patriotismo, primeiro na ditadura de Primo de Rivera, que foi cando estas ideas conectaron, e logo na de Franco. Pois non, señores, as mulleres son algo máis que produtoras de seres vivos. Xa durante ben tempo careceron de dereitos como para que agora se lles prive dun dos máis elementais, o de decidir sobre o seu corpo.

Comentarios