Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

As mulleres reivindican en Mondoñedo as súas ideas empresariais no sector agrario galego

Esperanza Orellana, Elena Candia, Susana López e María José Blanco visitando hortas de Vilamor.
Esperanza Orellana, Elena Candia, Susana López e María José Blanco visitando hortas de Vilamor.
A directora de Desenvolvemento Rural do ministerio visitou os invernadoiros de Maseda ►Unha marca de leite producido por unha vintena de mulleres lucenses expuxo os seus retos

As galegas amosaron dende a cidade episcopal que sen elas non se constrúe Galiza. As súas inquedanzas estanse a transformar en iniciativas empresariais e cada vez toman máis as rendas no eido rural contribuíndo a fixar poboación nel. A alcaldesa mindoniense e presidenta dos populares lucenses, Elena Candia, fixo de anfitriona dun evento onde elas amosaron algúns proxectos, como o de 25 gandeiras lucenses que en breve porán á venda nas grandes superficies a súa marca de leite ‘Rural Mulleres’. Esta celebración do Día Internacional da Muller quedou inaugurada pola directora xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Esperanza Orellana.

"En los últimos cuatro años, el Gobierno destinó a planes de mejora de la actividad agraria más de cinco millones de euros y durante la crisis las mujeres han sido un salvavidas, por eso es importante que estemos en el centro del debate de las políticas europeas del sector", afirmou a titular estatal. A presidenta do PP en Lugo falou das liñas de axudas das que dispón a Consellería de Medio Rural, "por exemplo as achegas a mozos de 18 a 40 anos para novas incorporacións. Lugo é ademais a provincia máis beneficiada. En total, 268 persoas recibiron 9,8 millóns de euros -o 40% do total destinado a Galicia- e destes perceptores, 112 foron mulleres. Cada titular percibiu entre 20.000 e 70.000 euros", informou Candia, que loita pola igualdade de oportunidades: "Sen nós o rural non vai a ningures. No recoñecemento dos nosos dereitos, non debemos dar nin un paso atrás", sentenciou.

As artesáns galegas e unha gandeira que está elaborando cosméticos son exemplos de como elas están a xerar empresas

A coordinadora de Igualdade do PP en Galicia, Susana López Abella, advertiu de que a presenza das mulleres resultou ser clave para evitar o despoboamento. Avogou por visibilizar o que fai a muller, axudar a que emprenda e a que acceda ás tecnoloxías e loitar pola conciliación familiar e laboral.

Acodiron tamén a coordinadora da Comisión de Igualdade, María José Blanco; a xefa territorial de Medio Rural e a alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias; a educadora familiar do Concello de Xermade, Manuela Vilaboy Romero, que amosou a vida deste pobo.

As autoridades visitaron as máis de sete hectáreas nas que dende hai un ano cultiva leitugas e fabas -que lle merca a marca Tierrina Vaqueira sobre todo- no lugar de Vilamor Rocío Maseda, de 36 anos, á que se pode contactar en [email protected] "Hai un ano que empecei, é duro pero dá para que viva unha familia de catro persoas", comenta. Tamén se visitaron os obradoiros artesáns do barrio dos Muíños.

Entremedias, a presidenta da Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela, Mary Fraga, participou nun debate xunto á súa homóloga da Federación de Asociación das Mulleres Rurais, Rosa Arcos; a titular da Granxa Maruxa, Marta Álvarez, que está a facer cosméticos; Alba Cao de Fish&Jobs e Elena Fabeiro, da fundación Artesanía de Galicia.

As mulleres reivindican en Mondoñedo as súas ideas empresariais no...
Comentarios