''Muimenta es un lugar único, la gente ayuda sin pedírselo''

CON POUCO máis de 27 anos formou parte da primeira comisión organizadora da Moexmu, composta integramente por empresarios de Muimenta, e en representación da súa muller, que rexentaba xa daquela unha perruquería. Hoxe acumula nas súas costas cinco participacións que chegarán a seis, o vindeiro ano, coa celebración do 30 aniversario dunha das mostras gandeiras por excelencia na provincia de Lugo. Avelino García, nado en Pino, e veciño de Muimenta dende o ano 86, representa a esencia dunha localidade na que a unión e o esforzo conxugan á perfección.

«Os inicios da Moexmu foron duros. Recordo que no ano 88 decidimos sortear un ciclomotor para custear os gastos da organización. Ademais, xa daquela, a xente de Muimenta e dos arredores involucrábase moito, o boca a boca era fundamental para saír adiante», rememora o empresario chairego.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios