Muimenta busca incluír 5 árbores no catálogo de especies senlleiras

A asociación cultural, veciñal e deportiva dos xogos tradicionais de Muimenta, Xotramu, solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio a inclusión de cinco árbores da localidade no catálogo de especies senlleiras da Xunta de Galicia, concretamente un freixo e catro carballos, todos de máis de 200 anos de vida.

Os responsables de Xotramu enviaron a solicitude á Xunta baseándose no gran «valor cultural e histórico» dunhas árbores que se atopan no campo da antiga igrexa de Muimenta, un espazo rehabilitado que busca recuperar o pasado e a historia de Muimenta a través da creación de dous museos, un xa habilitado na antiga escola unitaria e outro na propia igrexa.

«Ao freixo incluso lle adicou un poema o escritor chairego Xosé Crecente Veda, nado na parroquia de Santa María de Outeiro, en Castro de Rei», explican dende a asociación chairega, unha entidade involucrada co desenvolvemento cultural da vila.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios