Mozos ben preparados, pero con pouco futuro

AO MELLOR NON é que os mozos españois estean mal preparados. Ao mellor é que os que saen das universidades ou conclúen a Formación Profesional non atopan aquí onde desenvolverse profesionalmente. Entón, ao mellor o problema non é de falta de coñecementos, senón do elevado nivel de desemprego, porque se fose unha eiva do ensino non quererían en Alemaña miles de titulados de aquí, ou en Francia, ou en Portugal, ou calquera outro país ou empresa, a quen lle dá igual de onde cheguen os traballadores; o único que buscan é que cumpran. Unha carga excesiva de negativismo lévanos a darnos co cilicio no lombo cada vez que transcende un escalafón educativo, porque somos moi dados a ver o vaso medio baleiro en vez de medio cheo. Pode que haxa un elevado fracaso escolar, pero iso non quita que en estudos medios ou superiores o mundo queira os nosos mozos. Por algo será.

Comentarios