A mostra de artesáns de instrumentos, vinte anos man a man con Pardiñas

Exposición de instrumentos no Festival de Pardiñas. C. PÉREZ (AEP)
photo_camera Exposición de instrumentos no Festival de Pardiñas. C. PÉREZ (AEP)

Os galegos destacan, entre moitas outras facetas, por ser bos transmisores do aprendido e así, xeración tras xeración, vaise conformado o patrimonio cultural. Son moitas as mostras e as feiras que xiran en torno á tradición galega e o lugar de Pardiñas en Guitiriz leva anos ensinándolles aos chairegos e demais visitantes as raíces en forma de artesanía e de música.

Así, esta fin de semana en Pardiñas conflúen a trixésima cuarta edición do festival e a vixésima edición da Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional, que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos, a mesma que acaba de recibir a distinción de Chairega de Honra da man da asociación cultural Xermolos.

Dúas xornadas nas que participan, ademais dos artesáns, investigadores, intérpretes e escritores co fin de ensinar e estudar un ano máis o universo da música tradicional e do folclore da terra.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios